3 anos

MÉRCORES 1 ABRIL

       Ola familias:

 

     Hoxe imos escoitar cancións:

 

- Escribimos no buscador google: Babyradio. La canción de la vocal A

                                                 Babyradio. La canción de la vocal E.

                                                 Babyradio. La canción de la vocal I.

                                                 Babyradio. La canción de la vocal O.

                                                 Babyradio. La canción de la vocal U.

- Despois tratamos de debuxar algunha cousa que empece por cada vogal e

escribimos a vogal correspondente ó lado de cada debuxo.

 

 

                 Saúdos. Carmen.

MARTES 31 MARZO

           Bos días familias:

 

        Hoxe vouvos propoñer dúas novas actividades:

 

- Dicir en voz alta os días da semana.

- Facer un cartel para cada día da semana . Recortamos nun folio ou

cartolina un círculo grande e escribimos nel con letras maiúsculas o nome

dun dos días da semana. Facemos así sete círculos có nome dos sete días.

Despois pintamos os círculos cada un da súa cor: luns-azul, martes-

vermello, mércores-verde, xoves-amarelo, venres-laranxa, sábado-lila e

domingo-rosa. Os nenos/as estan acostumados/as a identificar na aula cada

día coa súa cor. Así podedes xogar a levantar vós un cartel e que os peques

digan o nome do día da semana.

 

                   Saúdos. Carmen.

LUNS 30 DE MARZO

          Ola familias:

 

       Comenzamos unha nova semana e imos seguir repasando:

 

- Escribimos as letras do nome do neno/a en anacos de papel separados e 

logo pedímoslle ós peques mirando un modelo que ordenen as letras do seu

nome coma se fora un puzle.

- Dicimos as letras vogais e a continuación poñemos exemplos de palbras

que empecen por cada letra. A de avión, E de elefante, I de iglú, O de oso,

 U de uvas…

 

Ademáis a profe de apoio María Luisa temén recomenda que vos animedes a facer

unhas manualidades moi fermosas que podedes ir distribuindo para

confeccinar ó longo desta semana. Animádevos porque son moi bonitas…

Podedelas ver se mirades máis abaixo nesta páxina premendo en ficheiro

adxunto.

 

            Saúdos. Carmen.

 

VENRES 27 DE MARZO

           Ola familias:

 

      Xa chega a fin de semana e hoxe toca :

 

-Debuxar unha flor margalida con puntiños e repasala.

- Aprender nomes de froitas e verduras.

- Aprender algúns nomes de paxaros: canario, pomba, gaivota, gorrión,

loro…

 

     Lembrade ler contos ós peques.

 

     Ata a semana que ven que xa vos adianto que haberá suxerencias de

manualidades moi lindas…

 

                 Saúdos. Carmen.

XOVES 26 DE MARZO

         Ola de novo:

 

       Agardo que todos e todas estedes ben.

       Hoxe imos facer novas propostas:

- Repasamos os números un, dous e tres e as letras vogais maiúsculas.

- Debuxamos e coloreamos un paxariño.

- Imitamos o canto dos paxaros.

- Podemos facer unha manualidade: facemos dous pompóns con lá e unímolos. Son a cabeza e o corpo do paxariño. Poñémoslle

patas .pico e ollos con anaquiños de cartolina e xa temos o noso paxaro. Se non tedes lá na casa facede outra manualidade que

vos guste a vós. O importante é facer algo participativo.

 

        Saúdos e grazas. Carmen.

MÉRCORES 25 MARZO

 

        Bos días :

 

    Hoxe podedes facer isto cos vosos peques:

 

- Debuxades nun folio os papás e as mamás ondas do mar cun lapis e despois os nenos/as repasaranas con ceras de cor azul.

- Esciotade música: podedes buscar no buscador: “ canción infantil la primavera llegó “ e tamén “ canción infantil los sonidos de

la primavera “.

 

As actividades propostas para estes días que estamos na casa sempre son voluntarias pero por suposto que son moi

recomendables para manter o ritmo da escola. Podedes modificalas se queredes ó voso xeito e adaptalas ós materiais que tedes

na casa e tamén facer outras cousas que vos gusten a vós. Podedes facelas ó voso ritmo. Cando volvamos ó cole os que

queiran poden traer as cousiñas que fixeron estes días para ensinarllas ós amigos e amigas que iso sempre lles gusta e tamén á

profe pero todo con carácter voluntario.

 

                Saúdos e bicos, Carmen.

 

 

MARTES 24 MARZO

Bos días:

 

Hoxe vouvos propoñer novas ideas:

 

- Facer un debuxo con flores pois xa é primavera.

- Firmar o debuxo. Cada neno/a que escriba o seu nome de forma autónoma, copiando por un modelo ou repasando por

puntiños segundo o seu ritmo de aprendizaxe.

- Falar do que acontece na primavera: saen as flores, cantan os paxariños…

- Aprendemos algun nome de flor: caravel, margalida, rosa, tulipan…

 

Bicos a todos e todas. Carmen.

LUNS 23 marzo

Bos días :

 

Comenzamos unha nova semana con novas suxerencias:

 

- Facedes vós os números un, dous e tres don puntiños e que os nenos / as os repasen por riba con ceras, lápis ou rotulador… como máis

lles guste.

 

- Escribimos o nome do neno / a con maiúsculas e que tenten copialo debaixo.

 

- E para rematar imos propoñer unhas actividades que ós peques lles van encantar : debuxar arcoiris para poñer nas fiestras e unirse á

campaña ¨todo vai saír ben¨ e facer un debuxo inspirandose na primavera xa que esta fin de semana pasada empezou esta

estación. Estas actividades de colorear pódense facer con ceras pero tamén lles vai gustar poder facelas con pintura e pinceis ou

acuarelas.

 

Cóntovos tamén que o CIAV ( CENTRO DE ATENCIÖN E INTERPRETACIÖN Ó VISITANTE ) de A Coruña propón que todos os nenos e nenas

manden un debuxo da Torre de Hércules cun arco da vella . Con eles queren empapelar o CIAV. Os debuxos hai que envialos á seguinte

dirección de correo electrónico torredehercules@coruna.es . Animádevos a participar.

 

No seguinte apartado podedes ver actividades que propón a mestra de psicomotricidade…

 

   Nota: para ver as actividades de días pasados podedes facelo indo ás seguintes páxinas do menú que esta na parte inferior da pantalla

actual.

 

 

Saúdos. Carmen.

 

 

PSICOMOTRICIDADE

Ola, son María Luisa e quero recomendarvos unha serie de xogos de psicomotricidade para facer na casa. A ximnasia nestas idades é importante” para que os nenos poidan entrenar

os seus movementos, equilibrio,

 

axilidade, forza dun xeito divertido.

 

  • Xogo das pisadas: Facemos as pisadas dos pés en folios e pintámolas de cores, pegámolas no chan cun anaco de fixo e facemos unha ou dúas ringleiras. Xa podemos facer as

  • combinacións que queirades, saltando de

  • unha en unha ou ben pasos máis grandes, alternando os pés dereito e esquerdo...

 

  • Xogo da carretilla: Na posición de carretilla complicamos este xogo dispersando as pezas dun puzzle sinxelo polo chan para despois fácelo cando teñamos todas as pezas.

 

  • Xogo dos bolos: Podemos facer bolos con botellas de plástico e enchelas un pouquiño con arroz e cunha pelota terán que tirar o maior número de botellas. Con esta actividade

  • consiguen coordinar os movementos de

  • brazos e pernas e controlar a forza.

 

  • Xogo de puntería: Consiste en lanzar obxectos que non roden dentro dun ou varios aros de distintas cores seguindo unha orde. Se non temos aros usamos cartolinas de cores ou

  • ben fios de lá facendo círculos no chan.

 

  • Xogo de imitación: Deitados no chan ou a catro patas imitamos a distintos animais: gatos, cans, elefantes, serpes, gorilas....e saltamos imitando aos sapos,canguros....

 

  • Podemos facer un circuito de ximnasia feito con puffs, coxíns, cordas, aros.....é moi divertido.

 

  • Xogo das estatuas: Bailamos ao ritmo da música libremente, cando pare a música nos transformamos en estatuas sen mover os pés do chan.

 

  • Xogo dos globos: Inflamos moitos globos e botamos os globos ó aire e intentamos darlles coas mans para que non caian ao chan.

 

 

Podedes tamén acceder a esta páxina por internet que nos explica cómo facer 11 manualidades cos peques aproveitando moitos materiais que temos na casa e así pasamos mellor o

tempo:

www.hanfie.com manualidades ninos-3-5

 

Moitos biquiños para todos e todas. Ánimo!!!

Distribuir contido