BENVID@ DE NOVO!

 

BENVID@  DE NOVO! 

 

Benvid@, buscador ou buscadora de aventuras imposibles:

Outro curso máis, espérote neste recuncho máxico ao que, na túa dimensión, chamas Biblioteca. Un lugar que definirías, máis ou menos, como un almacén de libros... pero non te equivoques, é moitísimo máis ca iso.

Se alguén me preguntara a mín, eu diría que é unha axencia de viaxes. Si, iso é. Os libros que gardo neste lugar son tíckets de voo. Ou quizais medios de transporte en sí mesmos. Por que? Pois porque cada un deles é unha viaxe a outros países, outros planetas, outros universos, outras épocas. Unha oportunidade de vivir mil vidas, mil situacións diversas: podes coñecer poderosos amigos e inimigos, heroes e heroínas, monstros e fermosas criaturas. Unha vez aberto, cando xires continuamente os teus ollos de esquerda a dereita seguindo o mapa que debuxan as palabras, agárrate ben ás súas ás de papel. Porque agora todo o inimaxinable pode suceder: podes loitar contra dragóns, pisar a lúa, surcar os ceos, vivir no fondo do mar, ser adulto antes de tempo, enfrontar un millón de perigos... e voltar ao teu mundo con tan só pechar o libro.

Ti tes a decisión. Ti tes o poder. Ti controlas os mandos. 

Algúns pouco informados chegarán a dicir que estás a perder o tempo lendo, que nada disto é real. Que a lectura non leva a ningures.


PERO...


...se sentiches que acompañabas ao protagonista na súa viaxe; que estabas alí de verdade, ao seu carón, compartindo as súas tristezas e alegrías, as súas vitorias e fracasos; otorgándolle con fidelidade o teu ánimo, a túa forza, a túa amizade; aprendendo infinitas cousas do arredor, da natureza, da vida, de ti... NON teñas dúbida algunha...


TODO FOI REAL.


Aquí estarei sempre, agardándote, coa ilusión de ofrecerche un novo e emocionante tícket de voo.

Viaxar é así de sinxelo.

 

A Bruxa Libruxa