Animación á lectura

SEMANA DO LIBRO

Durante a semana do libro fixemos portadas de contos, podedes ver o noso traballo no seguinte vídeo:

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

21 de marzo

 


   Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o “DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA”.

    A BRUXA LIBRUXA da BIBLIOTECA e o EDLG  propoñen que adiquemos ese día a  ROSALÍA DE CASTRO, este ano cúmprense 175 anos do seu nacemento.
    O  libro de poemas  “ CANTARES GALLEGOS” de ROSALÍA DE CASTRO  é a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea.
    Elixe unha das poesías que seleccionamos:

  • As de contar.
  • Cantarte hei Galicia.
  • Nosa Señora da Barca.
  • Un repoludo gaiteiro.
  • Campanas de Bastabales.
  • Airiños,airiños aires.


   Realiza  unha ilustración que expoñeremos nun gran panel . ( Recorda poñer  o teu nome  e curso  pola parte de atrás ).

    Veremos a exposición  escoitando as obras musicadas  de Rosalía.

 

                                                          

A BRUXA LIBRUXA

Ola:

Son a bruxa Libruxa que veño a este colexio para encargarme da biblioteca e axudarvos a escoller as vosas lecturas.

Envíovos unha fotografía para que me vaiades coñecendo.

Máis adiante xa me poñerei en contacto con vós para contarvos as cousas interesantes que pasan na biblioteca.

Espero que me veñades visitar axiña e me mandedes os vosos debuxos e suxerencias. Poñereime moi contenta.

                                             A bruxa Libruxa

 

 

 

 

 
Distribuir contido