Traballo para os días de crise do coronavirus

NOVAS

O contido desta sección foi actualizado con data de 12 de abrilde 2020.

Todas as comunicacións serán desde este momento a través da Aula Virtual.

Nela atoparedes actividades de repaso e de investigación, experimentos, solucións a todo iso, ademais dun foro permanente para expoñer as vosas dúbidas e un chat que estará operativo de luns a venres en horario de 10:30 a 11:30.

O enlace para acceder a esas actividades da Aula Virtual é 6º de Primaria, traballo para o tempo de crise .

Visitade regularmente as Especialidades de Lingua Inglesa e Educación Musical desta páxina, pode haber cambios.

 

Recórdovos os consellos do primeiro día

 Organizarte para que os días da semana teñan de todo, traballo, descanso, exercicio e diversión.

 Negocia a parte que che toca do traballo de casa e respecta o acordado.

 O traballo escolar organízao segundo o horario de clase; empeza ás 9 cunha asignatura hasta as 9:50, descansa 5 minutos para estirar as pernas, beber, desconectar; ás 9:55 ponte con outra asignatura hasta as 10:40, outra parada de 5 minutos; ás 10:45 traballa hasta as 11:30 en que fagas un recreo, 30 minutos e así hasta as 14:00.

Intenta facer os traballos en papel, utilizando a pantalla do ordenador para ler estas actividades ou buscar información.