NOVAS PROPOSTAS

Ola de novo!

Espero e desexo que tod@s esteades ben. Para que resulte máis doado e divertido pasar estes días de obriga de QUEDARNOS NA CASA para pasar esta crise e que debemos cumprir tod@s, pensei nunha serie de actividades máis ludicas.

Como sei moi ben que vos gusta pintar e colorear con rotus, lapis, ceras, pincel, etc. anímovos a facer algo moi sinxelo, uniros a iniciativa “ “Arcoiris, todo va a salir bien”. Non vos esquezades de poñer moita cor. Facedes partícipes a tod@s de casa e ao rematar colgádeo na fiestra.

Outra idea, en lugar dun arco da vella podedes poñer mans de cores.

A mestra de Inglés,Ángeles, recomenda unha serie de actividades a través dos seguintes enlaces:

https://elt.oup.com/student/daisyrobinandme/level03/?cc=global&selLanguage=en

https://elt.oup.com/student/archie/levelb/?cc=global&selLanguage=en

NOTA: Lembrade que ás veces algúns buscadores non admiten algúns formatos, así que mellor usade o Mozilla Firefox se é posible)

A mestra de Músicado colexio, Irene, recomenda os seguintes enlaces:

http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/01/a_ba01_02vf.html

https://www.youtube.com/watch?v=AEXcIGthdZ0

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

NOTA: Se non funcionan os enlaces podedes acceder a eles na parte esquerda da páxina na especialidade de música e inglés.

Nos vindeiros días subirei máis propostas de actividades.

Un saúdo.