Actualización de información ás familias durante o 3º trimestre: comunicacións e avaliacións

Avaliación final e entrega de notas

As notas finais sairán publicadas en Abalar móbil o venres 19 de xuño, día en que remata o curso.
Se o luns 22 de xuño de 2020 non puidéchedes velas, comunicádevos có centroa través do correo electrónico ceip.sal.lence@edu.xunta.gal.

 

 

 

¡¡¡ XA ESTÁN AQUÍ AS VACACIÓNS!!!

Seguramente moitos de vosoutros, nenos e nenas, exclamaredes isto; pero imaxino que tamén o farán os vosos pais que tanto vos axudaron nestes meses de confinamento e sen escola. Tanto vos coma eles tivéchedes un comportamento exemplar polo que VOS DAMOS AS GRAZAS!!!.

Este curso non ides esquecelo nunca dadas as circunstancias polas que tivemos que pasar: non poder saír á rúa, non poder ver ás nosas familias, non poder ir ao parque nin á escola, ter que usar mascarilla, manter as distancias,.....

Agora que entramos nunha “nova normalidade” podedes gozar de novo de ir ao parque a xogar cos vosos/as amigos/as, ir á praia, ás festas, viaxar,.....; pero non esquezades que aínda temos que manter medidas de seguridade importantes para non dar pasos atrás.

 

Desfrutar do verán pero non esquezades seguir adicándolle un ratiño ao día a facer algunha actividade de repaso do traballo feito neste curso:

 

  • Le tódolos días. Elixe libros que che gusten e cos que goces da súa lectura.
  • Practica a escritura (fai copias, redacta, etc) fixándote ben na ortografía.
  • Practica as operacións matemáticas que traballaches este curso.
  • Resolve problemas adecuados ao teu nivel razoando a/as operacións utilizadas.

 E sobre todo:

 PÁSAO BEN, VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

¡¡¡¡ FELICES VACACIÓNS !!!!

 

 

 

 

 

Matriculación do alumnado de 6º de Educación Primaria no IES Monte das Moas para o vindeiro curso.

 

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria que o vindeiro curso continuará estudos nos IES Monte das Moas poderá recoller os impresos de matrícula a partires do  día 22 de xuño no propio IES, de 9:00 a 13:00 horas.

 

 

 

 

 

Devolución por parte do alumnado dos libros de préstamo do curso actual.

 

Alumnado de 6º EP  -  -  -  Luns 8 de xuño  -  -  -  -  -  -  De 10:00 h a 13:00 h

 

Alumnado de 5º EP  -  -  -  Martes 9 de xuño  -  -  -  -  -  De 10:00 h a 13:00 h

 

Alumnado de 4º EP  -  -  -  Mércores 10 de xuño  -  -  -  De 10:00 h a 13:00 h

 

Alumnado de 3º EP  -  -  -  Xoves 11 de xuño  -  -  -  -  - De 10:00 h a 13:00 h

 

 

 

Recollida de libros e material propiedade do alumnado.

 

Alumnado de 6º EP  -  -  -  Luns 15 de xuño  -  -  -  -  -  De 10:00 h a 13:00 h

 

Alumnado de 5º EP  -  -  -  Martes 16 de xuño  -  -  -  -  De 10:00 h a 13:00 h

 

Alumnado de 4º EP  -  -  -  Mércores 17 de xuño  -  -  - De 10:00 h a 13:00 h

 

Alumnado de 3º EP  -  -  -  Xoves 18 de xuño  -  -  -  -   De 10:00 h a 13:00 h



Entrega de orla 6º EP  -  -  Venres 19 de xuño  -  -  -  -  De 10:00h a 12:00h



O alumnado que non veña a recoller os seus libros na data asignada, entendarase que o deixa para  axuda ao fondo de  libros.

 

 

 

Colaboración das familias no PFPP "Un cole inclusivo e sostible".

Bos días

Con motivo da participación no PFPP "Un cole inclusivo e sostible" o alumnado do Sal Lence elaborou unhas propostas para mellorar o centro. Agora, gustaríanos coñecer tamén a opinión das familias sobre estas propostas de mellora que eles e elas fixeron, así como recoller outras propostas novas que queirades achegar. Para isto, deixámosvos o enlace a este cuestionario:
https://forms.gle/a1MvSBBr413ZBxQb6

Moito ánimo e moitas grazas por participar.

 

 


 

 

LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO

Como ben sabedes este domingo 17 de maio é a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano adícase a honrar a Ricardo Carvalho Calero. Podedes saber máis de el e da súa obra pinchando na imaxe ou facendo clic AQUÍ.

LG

 

 

 

 

 

 

Avaliación final e promoción de curso.

As programacións deste curso foron adaptadas en canto aos contidos do 3º trimestre de acordo ao establecido pola RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. (DOG Núm. 86 Mércores, 6 de maio de 2020).

Polo que de acordo con esta resolución o claustro do centro resolve que :

A avaliación do alumnado terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas e o grao de adquisición das competencias clave.

A 3ª avaliación realizarase sobre as aprendizaxes dos dous primeiros trimestres e as actividades feitas neste terceiro trimestre terán sempre un valor positivo para o alumnado.


 

PROMOCIÓN DO CURSO

A decisión da promoción do alumnado será tomada de forma colexiada polo equipo docente de cada curso, tendo en conta os mínimos esixibles e as diversas circunstancias.

A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional.

De maneira excepcional, non hai limitacións que afecten ao número de áreas pendentes para a promoción do curso.

Lembramos as familias que a realización das tarefas que se están enviando a través da web e outras que se poidan realizar na casa axudan á consolidación de coñecementos e á adquisición de hábitos de estudo fundamentais para o desenvolvemento do alumnado e consecución dos obxectivos académicos dos próximos cursos.

O claustro de profesores do CEIP SAL LENCE envíavos unha mensaxe de apoio e ánimo e o noso agradecemento ás familias e aos nosos alumnos/as polo ben que o estades a facer.

 

 

 

 

Notas da 2ª avaliación

"As notas da segunda avaliación poderán ser consultadas na aplicación ABALAR MÓBIL a partir do día 3 de abril de 2020.


Os boletíns de notas serán entregados cos informes de PT e AL cando regresemos á aula".
Ánimo


Uso de abalarMóbil. Hai que ter en conta o seguinte:

  • O número de teléfono empregado debe ser o que figure no XADE, que facilitaron no momento da matriculación do alumno. Se ese número xa non é o que teñen en uso, deberán poñerse en contacto có centro para actualizalo e poder acceder.

 

Para facilitar a instalación e uso desta aplicación poden consultar algún dos manuais que encontrará en Internet. A continuación aparecen dous enlaces a guías oficiais da Xunta sobre a aplicación.

 

Guía de uso da mensaxería      -       Guía abalarMóbil (Inclue guia de instalación)

 

 

A descarga da aplicación no teléfono móbil faise desde Apple store (para iOS) ou desde Play Store (para Android).

                                       

 

 

 

Comunicacións co centro durante o tempo de alerta sanitaria

O Sistema de comunicación co alumnado e as familiasestablecido polo centro:

Teléfono do colexio en horario de 10:00 a 13:00h e no correo electrónico do centro . (Derivando ao profesorado correspondente se é preciso).

Tf: 881880820

Correo eletrónico: ceip.sal.lence@edu.xunta.es

 

 

 

 

Xogo virtual "Xaque ao virus"

Os educadores de POE e Deporte en el centro do colexio invítanvos a participar nun xogo virtual do que encontraredes información no apartado de Act. complementarias.

 

UN SAÚDO E MOITO ÁNIMO A TODOS.

 

Xaque ao virus ( Federación Provincial de ANPAS)

 

 

 

Avaliación do alumnado

Debido a esta situación de emerxencia, as notas da 2ª avaliación reflexarán o traballo
feito ata o día 13 de marzo . O boletín será entregado ao alumnado ao reinicio das clases.

Modificaranse os contidos e competencias da terceira avaliación .

Este curso suspéndense as probas de avaliación individualizada en 3ºEP e a de avaliación final en 6ºEP.

Continuamos repasando. Ánimo.

AdxuntoTamaño
becas comedor curso 2020-2021.pdf101.44 KB
Carteis-Primaria-2020_A4.pdf4.48 MB
Impresos_fondo_libros.pdf1.33 MB
Material INFANTIL curso 2020-2021.pdf45.2 KB
Libros 1 EP 2021.pdf15.86 KB
Libros 2 EP 2021.pdf15.77 KB
LIBROS 3º EP.pdf34.56 KB
Libros-4ºEP.pdf29.96 KB
LIBROS 5º EP.pdf33.47 KB
LIBROS 6º EP.pdf17.23 KB