PROPOSTAS MªLUISA

Ola familias! 

Ola, son María Luisa e quero recomendarvos unha serie de xogos de psicomotricidade para facer na casa. A ximnasia nestas idades é importante” para que os nenos poidan entrenar os seus movementos, equilibrio, axilidade, forza dun xeito divertido.

  • Xogo das pisadas: Facemos as pisadas dos pés en folios e pintámolas de cores, pegámolas no chan cun anaco de fixo e facemos unha ou dúas ringleiras. Xa podemos facer as combinacións que queirades, saltando de unha en unha ou ben pasos máis grandes, alternando os pés dereito e esquerdo...

  • Xogo da carretilla: Na posición de carretilla complicamos este xogo dispersando as pezas dun puzzle sinxelo polo chan para despois fácelo cando teñamos todas as pezas.

  • Xogo dos bolos: Podemos facer bolos con botellas de plástico e enchelas un pouquiño con arroz e cunha pelota terán que tirar o maior número de botellas. Con esta actividade consiguen coordinar os movementos de brazos e pernas e controlar a forza.

  • Xogo de puntería: Consiste en lanzar obxectos que non roden dentro dun ou varios aros de distintas cores seguindo unha orde. Se non temos aros usamos cartolinas de cores ou ben fios de lá facendo círculos no chan.

  • Xogo de imitación: Deitados no chan ou a catro patas imitamos a distintos animais: gatos, cans, elefantes, serpes, gorilas....e saltamos imitando aos sapos,canguros....

  • Podemos facer un circuito de ximnasia feito con puffs, coxíns, cordas, aros.....é moi divertido.

  • Xogo das estatuas: Bailamos ao ritmo da música libremente, cando pare a música nos transformamos en estatuas sen mover os pés do chan.

  • Xogo dos globos: Inflamos moitos globos e botamos os globos ó aire e intentamos darlles coas mans para que non caian ao chan.

Podedes tamén acceder a esta páxina por internet que nos explica cómo facer 11 manualidades cos peques aproveitando moitos materiais que temos na casa e así pasamos mellor o tempo:

www.hanfie.com manualidades ninos-3-

UN BICO