25/03/2020

Bos días familias e nen@s

Espero e desexo que esteades tod@s ben de saúde e co ánimo alto para afrontar esta situación que esperemos que pase axiña, por iso non debemos perder a esperanza e o sorriso polo ben de tod@s.

Xa comezamos a 2ª semana na casa, e xa anunciaron que se vai prolongar dúas semanas mais, a última semana serán xa as vacacións de Semana Santa.

Quero que saibades que as actividades e fichas que propoño son voluntarias, son unhas suxerencias para non perder a rutina do colexio, pois pode que moitos de vos non teñades impresora na casa, se é asi, pódenvos servir de orientación para facelas vos.


ACTIVIDADES:

  • Os Alimentos: buscade nun catálogo do super ou calquera outra revista froitas, verduras, pan, carne, peixe etc e clasificádeo según onde se venda: froitería, carnicería, etc. (ver arquivo adxunto: tendas).

  • Poñer o nome dos alimentos e contade o número de letras que ten cada palabra.

  • Adiviñas:le as adiviñas e escribe a solución e fai un debuxo (Ver arquivo adxunto: Adiviñas)

  • Traballamos a /Z/. A letra z acompaña á letra a , o, u (za, zo, zu) e a c á letra e, i (ce, ci).

CONTO:

FICHAS:ver arquivo

 

En días sucesivos poñerei máis actividades.

Un bico a “La clase de la Sonrisa” e a súas familias.

Non deixemos que o virus nos borre o sorriso.


AdxuntoTamaño
letra z1.pdf201.98 KB
adiviñas.pdf20.71 KB
tendas.pdf106.75 KB