MARTES 14/04/2020

Ola de novo familias!

Espero e desexo que esteades tod@s ben de saúde e de ánimo despois de tantos días sen saír de casa.

As vacacións de Semana Santa xa remataron e o estado de alarma, en principio, continua ata o 26 de abril, dúas semanas mais que debemos quedarnos en casa (sei que o estades facendo estupendamente) e que non podemos incorporarnos ao colexio.

Tras esta semana de descanso a volta á clase, a través das tarefas que vos propoña, farémola pouco a pouco.

Antes de nada quero agradecervos o voso esforzo e colaboración xa que é unha situación nova e difícil para as familias, para os nen@s e para a súa profe.

Este trimestre temos que coñecer novas letras, pero facémolo de xeito pausado e da forma mais amena posible, pois xa sabedes que non é obxectivo de infantil. Respecto á lóxica – matemática: números, conceptos, sumas.. tamén farémolo pouco a pouco.

Mandareivos todos os días ou días alternos actividades para seguir a rutina diaria da clase.

HOXE:

  1. Cantamos canción de números e repaso dos días da semana

  2. Debuxo libre (á volta de vacacións sempre facemos un)

  3. Repaso de lectoescritura

  4. Repaso de lóxica matemática.

  5. Proxecto lector. Poesía

    As actividades son suxerencias, orientacións… porque quizais algún/a de vós non teñades os medios para levalas a cabo.

Un bico grande a toda a "LA CLASE DE LA SONRISA" e a súa familia.

A profe Cris.

AdxuntoTamaño
REPASO - LECTOESCRITURA 1.pdf186.02 KB
REPASO - MATEMATICAS 1.pdf195.73 KB
REPASO -MATEMATICAS 2.pdf135.65 KB
PROYECTO LECTOR 1.pdf14.48 KB