Ritmos corporais "Uptown funk"

Bos días a tod@s:

Hoxe vos traio unha nova proposta rítmica. Xa sabedes que me gustan moito este tipo de actividades, porque a parte de mover algo o corpo traballamos a concentración, atención e a coordinación. Neste caso nos achegámonos un pouquiño ao ritmo dun fragmento de "Uptown funk".

Aínda que os ritmos van algo rápido e nos pide empregar dereita e esquerda, non esquezas que o importante é ir alternando as partes do corpo qe indica. Trata de comezar sempre co golpe na dereita cando sexa as pernas e o peito e logo vas alternando. O único no que debes de ter máis coidadiño é que nos golpes nas pernas, cando fan as corcheas as fai primeiro nunha perna e logo na outra, en cambio no peito sempre alterna.

Se non sae á primeira non desesperes, hoxe un pouquiño e outro día outro, xa sabes que é cuestión de practicar e sobre todo... pasalo ben!!

Ánimo!!!