4 anos

tareas1/06/2020

Tareas1/06/2020

 

Bos días familias, comezamos o mes de Xuño, o mes no que comeza o verán e tamén as vacacións de verán, as máis longas. Esperemos que cheguemos alí na millor das situacións.

 

Esta semana empezamos o traballo cun novo vídeo para seguir a traballar as emocións.

 

El valor de compartir

 

-1ª ficha: @s nen@s nun folio que se debuxen a eles mesmos cun compañeiro da clase, compartindo algo entre os dous, un xoguete por ex. , así xuntos é máis divertido. Que escriban o seu nome e o do seu compañeiro.

-2ª ficha: nas escenas que aparecen, que coloreen onde @s nen@s compórtanse ben e que tachen onde se comportan mal.

(ficheiro adxunto)

 

Lóxica-matemática:

-1ª ficha: repasamos os números do 1-4,  primeiro co lápiz e despois co rotulador. Contamos cantos animais hai de cada clase e escribimos o número no cadrado correspondente.

-2ª ficha: completa as figuras coma o modelo. (ficheiro adxunto)

 

Lecto-escritura:

-1ª ficha: rodear as palabras que rematen en “o” e debaixo as que rematen en “a”.

-2ª ficha: escribe no recadro de cada debuxo a vogal pola que empeza cada un deles. (ficheiro adxunto)

 

Para terminar unha canción.

 

Ao final de semana, o venres, celébrase o día do medio ambiente, porei uns vídeos para que @s nen@s vaian concenciándose.

Por esta semana xa está o traballo, que a disfrutedes e unha aperta para tod@s, a vosa titora,

                                                                                                                                          Maite.

 

 

 

 

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola familias! Esta semana propóñovos actividades para dar a benvida ao verán.

Facemos xeados de froitas ENLACE

Realizamos marionetas con calcetíns ENLACE

E facemos un abanico como o da foto adxunta.

Un bico,

Mª Luisa

tareas 25 de Maio

Tareas 25/05/2020

 

Bos días familias, comezamos xa a derradeira semana do mes de Maio, seguimos a ter bo tempo e a nosa comunidade pasa a unha nova fase, parece que as cousas as estamos a facer ben, sigamos así, que non nos desvíemos do bo camiño ata chegar ao final da desescalada a finais do mes de Xuño.

As clases presencias, nós non as retomamos, e si o seguimos facendo ben, en setembro voltaremos a vernos, esperaremos o que vaían dicindo as autoridades educativas.

Seguimos a taballar na casa, co esforzo para vós, familias, que sei que supón, tento que non sexan moitas fichas e que durante a semana as distribuiades como millor vos veña, pero que tentedes que os nenos traballen algo, senón vai a ser moito tempo sen ter rutinas de traballo.

Para empezar a traballar esta semana temos  un vídeo que nos ensina o importante que é compatir, sobre todo na idade d@s nos@s fill@s.

 

Pedrito el caracol y la babosa

 

Agora temos 3 fichas:

-1ªficha; adiviña, axudámoslles a poñer o nome do animal, escribimosllo e que @s nen@s o copien.

-2ªficha; repasamos as liñas do caracol, 1º co lápiz e despois co rotulador.

-3ªficha; coloreamos o caracol, despois recortamos polas liñas marcadas e noutro folio pegamos o puzzle ata formar de novo o caracol. (ficheiro adxunto).

Con plastilina @s nen@s poden facer un caracol.

 

Fichas lóxica-matemática:

-1ªficha; repasamos os números, 1º co lápiz e despois co rotulador, despois coloreamos segundo o código.

-2ªficha; unimos os puntos ata formar a cuncha do caracol. (ficheiro adxunto).

 

Fichas das vogais:

-1ª ficha; rodea coa cor vermella a vogal “u”.

-2ª ficha; repasar a vogal “u” co lápiz e despois co rotulador. (ficheiro adxunto).

 

 Rematamos a semana cunha canción.

 

Caracol, caracolito.

 

Espero e desexo que vos encontredes ben, que disfrutedes da nova fase na que entramos e unha aperta moi grande para tod@s, a vosa  titora,

                                          Maite.

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola a todos! Esta semana propóñovos bailar con Hokey Pokey. É moi divertido. ENLACE

Tamén podedes confecionar o voso floreiro da primavera. Seguide as imaxes do arquivo adxunto.

Biquiños para todos,

Mª Luisa

Tareas 18/05/2020

           18/05/2020

Bos días familias, xa estamos na 2º quincena do mes de Maio, o tempo vai pasando e seguimos a traballar outro pouquiño máis na casa.

Esta semana mándovos para  iniciar o noso traballo un vídeo sobre o respeto aos demais, que xa dende pequenos temos que aprender. “O elefante Bernardo” ensínanos o que non lle debemos facer aos demais.

O elefante Bernardo

 

Agora 2 fichas:

-1 ficha: repasamos as liñas do elefente, primeiro co lápiz e despois co rotulador e ó final pintámolo.

-2 ficha: unimos cada animal visto por diante e visto por atrás, despois pintámolos. (ficheiro adxunto).

 

 

_Lóxica-matemática:

-1 ficha: observamos onde están os círculos azuis na 1ª fila e na de debaixo colocámolos igual.

-2 ficha: facemos grupos segundo nos indica o número, abaixo repasamos os números, primeiro co lápiz e despois co rotulador. (ficheiro adxunto)

 

Repaso das vogais:

-1 ficha: rodeamos só a letra ”o”, por detrás na ficha facemos un debuxo que leve letra “o” no seu nome, axudámoslle con letras maiúsculas a escribir o nome do debuxo que fixeron @s nen@s.

-2 ficha: rapasamos a letra “o” e debaixo pintamos de vermello as letras “o” que atopemos nas palabras. (ficheiro adxunto).

 

Recordarvos que en cada ficha poñan o seu nome, tamén que digan o día da semana.

 

Agora que xa teñen na casa a cartilla de lectura que repasen os cadros laranxas que hai en cada páxina para repasar as vogais.

 

 

Para rematar unha canción.

 

Un elefante se balanceaba

 

Nada máis familias por esta semana, parece que o bo tempo nos vai a acompañar uns cantos días, que o aproveitedes nos paseos… a ver si pouco a pouco imos recuperando a normalidade, pasiño a pasiño.

Unha aperta para tod@s pero en especial para @s meus pequen@s, que xa hai moito que non os vexo e os voto de menos, a vosa titora,

                                           Maite

Dia das letras galegas

15/05/2020

Bos días familias, como vos puxen o luns, hoxe venres, mándovos un enlace a unha actividade interactiva para coñecer ó autor a quen se adica este ano o día das letras galegas, (é o domingo 17 de Maio), Ricardo Carvalho Calero, nela @s nen@s necesitarán a vosa axuda para chegar ó final do xogo, espero que vos guste.

 

Letras Galegas 2020 Carvalho Calero

 

Tamén hoxe é o día da Familia, neste momento que estamos vivindo, cobra aínda máis importancia e o quero poñer en valor, e darvos a noraboa por todo o esforzo que estades facendo e a miña felicitación.

 

 

 

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Ola, familias! Como estades?

Esta semana propóñovos pasar un tempo divertido aprendendo trabalinguas co oso traposo.

Tamén vos mando unhas manualidades para facer con "hueveras" de cartón. ENLACE

Moitos biquiños,

Mª Luisa

Tareas día 11/05/2020

11/5/2020

 

Bos días familias, comezamos unha nova semana, espero de desexo que sigades ben de saúde todas as familias. Entramos nunha nova fase do desconfinamento, espero que pasiño a pasiño sigamos avanzando á normalidade e que mentras tanto sexamos  conscientes do que podemos e non podemos facer.

 

Nesta semana seguiremos traballando na unidade “frores con moita arte”. Coñeceremos ós 2 últimos pintores Paul Klee e Henri Matisse, para iso imos ver un vídeo de cada un deles.

 Paul Klee

 

 Henri Matisse

 

Agora imos traballar 1 ficha de cada autor:

-1 ficha; pegaremos trozos de xornal e cubriremos totalmente a lámina, cunha cera negra faremos cadrados e despois colorearemos cada cadro dunha cor diferente, así teremos un cadro coma Paul Klee.

-2 ficha; con trozos de papel diferentes, dobraremos pola metade e recortamos figuras como queiramos, desdobramos o recortado e as figuras que nos saíron pegámolas na ficha.

-3 ficha; debuxamos liñas abertas e pechadas onda corresponda, despois repasámolas con rotuladores de cores. (ficheiro adxunto).

 

 

Seguimos coa lóxica-matemática:

-1ficha; observamos o código e coloreamos como corresponda.

-2 ficha; coloreamos os cadros de abaixo igual ca o modelo de arriba. (ficheiro adxunto).

 

 

  Terminamos o traballo con 2 fichas de repaso das vogais, neste caso da vogal “i”.

-1 ficha; repasa a vogal “i”.

-2 ficha; pinta de vermello e verde segundo indica a ficha.(ficheiro adxunto)

 

Nesta semana, o venres porei unha actividade interactiva para coñecer ó escritor ao que está adicado este ano as letras galegas.

 

Para rematar a semana un vídeo dunha canción.

 Canción

 

 

Un saúdo para todas as familias, a vosa titora,

                                                                                         Maite.

 

 

Proposta de Actividades de Mª Luisa

Unha semana máis déixovos unha proposta de actividades. En primeiro lugar unha serie de ideas para facer animais coas pegadas de mans e pés. E despois un vídeo-conto e un debuxo para traballar os "Músicos de Bremen".

Saúdos,

Mª Luisa.

Vídeo

Tareas 5 de maio

5/05/2020

 

Bos días familias, esta semana comezamos o martes porque o luns era un dos días non lectivos escollidos polo colexio e dado pola Xunta.

Seguimos na casa, pero xa doutra maneira, espero que aproveitedes ben os paseos que xa podemos facer e respetando as normas. Xa case levamos 2 meses traballando na casa, e algúns papás e mamás comentádesme o díficil que é que @s nen@s traballen na casa, seino, eu seguirei mandando tarefas a primeiros de cada semana para que vos as distribuiades como millor vos veña na semana e que @s nen@s fagan o que poidan, pero que tenten facer algo do proposto.

 

Seguindo coa unidade “frores con moita arte”, o seguinte autor e o pintor post-impresionista Paul Gauguin e tamén a pintora norteamericana Giorgia O`Keefe, para iso mándovos 2 vídeos dos 2 autores.

 Paul Gauguin

 

Giorgia  O'Keefe

 

A continuación 2 fichas, 1 de cada autor:

 -1ªficha: coloreade as frores do xarrón con todas as cores que queirades, o xarrón cubrideo con plastilina, poñede boliñas de plastilina e despois extendédeas cos dedos.

-2ªficha: despois de ver o vídeo das frores que pintou a 2ª autora, terminade de pintar esta mapoula de cor vermella e con ceras brandas, ao acabar cun pouco de algodón pasádeo por riba presionando un pouco, así teremos distintos tonos de cor vermello.

-3ªficha: unide a cada pintor co que está pintando, acabade de colorear os debuxos de abaixo e nos rectángulos laranxas copiade o nome do pintor que fai cada cadro. (ficheiro adxunto)

 

 

Agora lóxica-matemática:

-1ªficha: observade a serie de arriba, repetidea nas dúas filas de abaixo.

-2ªficha: repasade os números do 1-4. (ficheiro adxunto).

 

 

Fichas de repaso das vogais:

-1ªficha: colorea segundo o código e na parte de abaixo repasa as vogais.

-2ªficha: repasa a vogal “e”. (ficheiro adxunto).

 

Para rematar propóñovos este vídeo para repasar os días da semana.

 

Días da semana

 

Moito ánimo familias, estádelo facendo moi ben, unha aperta para tod@s, a vosa titora,

                                               Maite.

 

Distribuir contido