Skip to Content

BENVIDOS AO CEIP SAN ROQUE DARBO

Menú de comedor escolar: maio

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas para o vindeiro curso 2024-2025 foron admitidas. Pódense consultar as listas no taboleiro do edificio administrativo do centro. A matrícula deberá ser formalizada entre 20 e 30 de xuño.

Tecnoloxía con sentidiño

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Desenvolveranse  charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela, ou ben tamén  na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula.


Menú de comedor escolar: abril

VACANTES CURSO 2024-2025

Menú de comedor escolar: marzo

Distribuir contido


by Dr. Radut