Complementarias e extraescolares

VIAXE Á CORUÑA

     A viaxe fin de curso levounos este ano ata a cidade da Coruña onde realizamos tres interesantes visitas.

    Primeiro tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do xornal La Voz de Galicia e parte das instalacións de V Televisión. Entendemos algo máis sobre o funcionamento dunha rotativa e sentímonos presentadores e técnicos de televisión por un día.

    Despois visitamos o MUNCYT onde todo nos pareceu moi interesante porque coñecemos diferentes descubrimentos científicos e tecnolóxicos producidos ao longo da historia. Divertímonos moito como pasaxeiros na cabina dun avión e coa charla animada que mantiñan dous simpáticos robots.

    Finalmente subimos ao parque de San Pedro onde pasamos un rato moi agradable.

 

    Para ver algunhas instantáneas destes días, pulsa aquí.

Carreira de Campo a través

O 26 de outubro tivo lugar na Fraga a proba de "Campo a través", na que participamos todos os centros de Primaria do Concello e algún da ESO, dentro do Programa Xogade. Colaborou ademais o Concello e a asociación de Anpas Abrente.

O noso colexio obtivo tanto a nivel individual como grupal grandes resultados en todas as categorías, gañando tres das seis probas nas que participamos.

Se queres ver imaxes deste encontro preme aquí.

 


Distribuir contido