Skip to Content

Outras actividades

Actividades relacionadas con outros proxectos

Temos por costume, e na medida do posible, vincular actividades de distintos proxectos entre sí. Neste caso utilizamos actividades que tiñan que ver coa celebración de Nadal, para facer unha representación de monicreques (actividade pensada para o Proxecto Valora) pero en Inglés e sobre unha lenda polaca, Flisak Legend, (audio) no caso de 4º de Primaria: ou o coñecido conto The Gingerbreadman , (audio) co grupo de 3º, tamén en inglés e sabendo que é un dos doces típicos de Torun, cidade de procedencia de Gosia. Asociamos así a Axudantía Comenius, o Plan Valora e a área de L.Inglesa.

Unha cousa parecida fixemos cunha das actividades do proxecto da Rede de Consumo, un libro de receitas, nas que figuran en Inglés e Castelán, non só receitas típicas de aquí, tamén polacas.

Temos que dicir que ademais de acheganos nós á cultura polaca, Gosia tamén participou nas nosas celebracións, o Magosto, Entroido,...

Distribuir contido


by Dr. Radut