Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2013-2014

Criterio complementario para a admisión de alumnos/as.

Ao abeiro do desposto no DECRETO 254/2012 e na  Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación dentro dos Criterios xerais de admisión do alumnado, apartado i) Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, acorda establecer o seguinte criterio:

 

i) Acumulación  ao punto b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro

Libros de texto 2011-2012 (Por niveis)

Listado de Libros de Texto para o curso 2011-2012. Facendo doble clic sobre cada nivel acceerá ao listado de libros para ese nivel.


EDUCACIÓN INFANTIL


3 ANOS


4 ANOS


5 ANOS


EDUCACIÓN PRIMARIA


1º CICLO


PRIMEIRO NIVEL


SEGUNDO NIVEL


2º CICLO


TERCEIRO NIVEL


CUARTO NIVEL


3º CICLO


QUINTO NIVEL


SEXTO NIVEL


 

Calendario escolar para o curso 2011-2012

Segundo a ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se  aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos o calendario escolar queda como sigue: 


 Artigo 5.  Actividades lectivas  


1. No 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 12 de setembro de 2011 ao 22 de xuño de 2012, ambos os dous inclusive.


  Artigo 6. Períodos de vacacións


  1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, ambos os dous inclusive. 


 2. Semana Santa: desde o día 2 ao 9 de abril de 2012, ambos os dous inclusive.


 3. Entroido: días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.


 Artigo 7.Días non lectivos


. 1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro) e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.  


2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales serefire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que se deberán prever na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2011, perante a xefatura territorial, que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.


  3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificara celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2011/2012 se celebrará o 31 de outubro de 2011.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2011/2012

NO ARQUIVO ADXUNTO QUE SE ATOPA AQUÍ DEBAIXO PODE VER A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2011/2012.


 

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2011-12

NO ARQUIVO ADXUNTO QUE SE ATOPA AQUÍ DEBAIXO PODE VER A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ASÍ COMO O PRAZO DE RECLAMACIÓN.


 


 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 23-24.

Estimadas familias, podedes descargar a lista de libros de texto para os cursos de 1º a 4º de primaria, no seguinte vínculo.

LISTAXE PROVISIONAL. ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Xa pode ser consultada na Secretaría do centro, a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2022-2023.

Lémbrase que o noso horario  é de  9:30h a 14:30h.

AVISO IMPORTANTE

Infórmase que este centro ten solicitados e aprobados, segundo a Orde do 25 de xuño de 2020, Art. 7, o venres 14 e o martes 18 de maio como días non lectivos. 

 

SOLICITUDES DE COMEDOR. CURSO 2020-2021

Ábrese o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2020/2021.

Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

-Para usuarios do comedor no curso anterior, o 2019-2020:

  • Descargar e cubrir esta solicitude e entregala presencialmente no centro, en horario de 10:00h a 13:00h, ou ben deixala no buzón da porta. Tamén se poderán obter as solicitudes no propio centro. Plazo límite: o 30 de xuño.

 

-Para novos usuarios: Terán indicacións no momento en que se formalice a matrícula (entre o 1 e o 10 de xullo)

 

LISTAXE PROVISIONAL. ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Xa se pode consulta a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2021-2022  na secretaría do centro.

O noso horario de atención ao público é de 12:00h a 14:30h.

NOTA IMPORTANTE: Poderase formular reclamación contra a listaxe provisional de admisión perante o Consello Escolar do Centro no prazo de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut