2018/19

Samaín 2018

E aquí está o Samaín! Un ano máis celebramos o Samaín cunha impresionante exposición de cabazas na que cada ano vos superades máis. Impresionantes! Noraboa a todos os que colaborástedes e grazas pola vosa participación. Ademáis o cole vestiuse para a ocasión cunha decoración de medo. E por suposto a nosa amiga a Bruxa Catuxa visitou de novo aos pequenos do cole, os nenos e nenas de Educaión Infantil, convidándoos a larpeiradas. Pinchade na imaxe nos elementos que se moven e poderedes ver catro vídeos diferentes relacionados con esta celebración. A ver se os atopades!

Día da Biblioteca

Este mes celebramos o Día da Biblioteca cunha actividade no salón de actos moi divertida. Tras explicarnos o tema escollido este ano dende Bibliotecas Escolares que é sobre a poesía, e o do centro que xirará en torno a "Alimentación saudable", un grupo de mestras expuxeron no escenario diferentes razóns da importancia da lectura. Ao final cantamos todos xuntos unha canción que fala da importacia de "alimentarnos" saudablemente lendo moitos libros. Pasamos un ratiño moi entretido!

Un recreo alternativo

Este ano decidimos adicar un día á semana a xogos sen balóns. Así pois, os venres os  deixamos aparcados, pois non só eles teñen que ser os protagonistas nas horas de lecer, senon que hai moitos máis xogos que poden resultar divertidos e interesantes. A zona da entrada converteuse nun recuncho de xogos tranquilos, onde están permitidos os xogos de mesa, cartas, construccións etc... e tamén proximamente sairá á luz a nosa Bibliopatio cunha selección de títulos para os que queiran adicar un ratiño á lectura.

Os pais continuan a loita polo cambio de xornada no centro

Hoxe, 12 de setembro de 2018, comeza o curso escolar e no CEIP Seixalbo continúan os actos para tentar cambiar o actual horario do centro.

A piques de comezar o curso escolar, hoxe, 11 de setembro continuan as reivindicacións dos pais do grupo promotor pola xornada única no CEIP Seixalbo.

Hoxe 28 de agosto, Nuria Sueiro, nai integrante da comisión que se formou no centro para tentar levar a cabo un cambio de xornada, foi entrevistada pola canle Telemiño para dar a coñecer a nosa problemática e inquedanzas.

Recomendacións de lectura para o Nadal

Achégase o Nadal, tempo de regalos, e que mellor agasallo ca un libro! Para axudarvos a decidir, aquí tedes algunha suxerencia, aínda que non vai ser fácil escoller, pois todos teñen algo especial.

BÚSCANSE!

Dende a biblioteca queremos manifestar a nosa tristeza, pois dous dos seus novos exemplares que estabamos a preparar para este Nadal, desapareceron! Mostrámosvolos por se alguén pode darnos algunha pista de onde poden estar ou se alguén os levou por equivocación e os pode devolver. Haberá unha recompensa, pois xa sabedes que un libro é un tesouro e agora na nosa biblioteca faltan dous tesouros...

Novidades para O Samaín 2018

Non vos perdades as novidades que vos temos preparadas para O Samaín. Hai para todos os máis medorentos e os máis valentes. Non deixedes de pasar pola biblioteca para escoller o título que máis vos gusta!

Powered by Drupal - Design by artinet