DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS 2024

O pasado 29 de febreiro celebrouse o Día Mundial das Enfermidades Raras 2024. 

Nas aulas de 1º de Educación Primaria quixeronlle darlle visiblidade a través da historia de XIana, unha nena cunha Enfermidade Rara.

Non esquezamos palabras tan importantes como COLABORACIÓN, INVESTIGACIÓN, APOIO E EMPATÍA!!!

Grazas profes Jessica, Aida e Belén polo organizar e implementar esta actividade tan importante ademáis de NECESARIA!!!

 

Queda moito camiño...

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

SESIÓNS DE MINDFULNESS

Dende o Equipo de Benestar e Convivencia do centro estase a levar a cabo Formación sobre MINDFULNESS.

A finalidade é poñelo en práctica co alumnado do centro tendo en conta os beneficios desta práctica.

O pasado martes 27 de febreiro tivemos sesións con varios grupos de alumnos/as.

Foi unha experiencia satisfactoria ademáis de necesaria: coñecemento e percepción do noso propio corpo, control de emocións, relaxación... 

Esta práctica axuda a mellorar o Benestar e á Convivencia no centro.

Grazas a Julia, a nosa experta formadora, por compartir e ensinarnos a súa experiencia.

Queda moito camiño por percorrer e moitas ganas de continuar!

                                                                                                                                                              EQUIPO DE BENESTAR E CONVIVENCIA

 

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS E VÍDEOS 

 

 

 

Entroido 2024

Este ano polo entroido vestímonos cuns traxes do máis "salvaxes". Como o noso PDI vai sobre animais en perigo de extinción todos os disfraces tiñan que ver con esa temática. Dende que voltamos do nadal puxémonos mans á obra e comezamos coa elaboración dos mesmos no cole. O desfile previsto para o venres 9 de febreiro houbo que aplazalo para o xoves 15 debido á chuvia. Finalmente o xoves 15 tamén  nos acompañou a chuvia e o noso desfile polo pobo foi moi breve. Unha carpa no campo da Infesta acolleunos e permitiu ás familias que puidesen acompañarnos neste día. Grazas pola vosa participación e apoio! Aquí vos deixamos as fotos dos disfraces. 
Xirafas de 4º de Infantil.

 

Osos panda vermellos de 5º de Educación Infantil.

Linces Ibéricos de 6º de Infantil.
 
 
 
 
Peixes Pallaso de 1º de Primaria.
 
Hamster Tico (Personaxe da Volta ao Mundo en 80 días). 2º de Primaria.
 
Abellas e apicultores, 3º de Primaria.
 

 

 
Superheroes dos Polos e dos Mares. 4º de Primaria.

 

 
 
 
Bolboretas Arlequín. 5º de primaria.
 
Leopardos das neves. 6º de Primaria

 

 

Caretas de lince ibrérico realizadas polo alumnado de 6º de Infantil

NÚMERO AGRACIADO NO SORTEO DA CESTA DO ENTROIDO

O número gañador da cesta do entroido foi o 2428

O gañador/a que se poña en contacto co centro.


 

NOVO MANDADIÑO.

 

COMO XA SE AVISOU, E POR MOTIVOS DO TEMPO, O DESFILE CELEBRARASE O XOVES DÍA 15 DE FEBREIRO.

PARA MAÑÁ O NOSO MECO TEN UN NOVO MANDADIÑO PARA FACER FESTA TAMÉN. 

QUEREMOS VER A TODOS "HORTERAS" AO MÁXIMO PARA RIR E PASALO BEN.

 

SORTEO DA CESTA DO ENTROIDO

No desfile do vindeiro 9 de febreiro terá lugar un sorteo organizado polas familias do alumnado de 6º de Educacion Primaria co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de etapa de dito alumnado.

 

Podedes mercar as participacións durante o desfile, ao longo do mesmo estarán as familias vendendo. Ao remate levarase a cabo o sorteo coas papeletas vendidas para asegurar que toca a cesta.

No caso de que o gañador/a xa non se atope nese momento, o número agraciado será dado a coñecer na páxina web do centro e en redes sociais; ademáis informarase do mesmo ás familias a través de ABALAR.

Animádevos tod@s a participar!!!

 

 

 

O alumnado de 6º de EP comeza a tomar contacto co IES UNIVERSIDADE LABORAL!!!

O centro de educación secundaria ao que estamos adscritos é o IES Universidade Laboral. Esta semana tivo lugar a "xornada de portas abertas" no mesmo para familias de alumnado novo.

Ademáis, este venres día 26 achegouse ao noso centro Alex (vicedirector do IES) e Carlos (un dos orientadores do IES). 

Ámbolos dous foron recibidos na nosa biblioteca polo alumnado de 6º de EP, un alumnado con moitas dúbidas e inquedanzas.

Alex e Carlos fixeron unha exposición da información sobre a nova etapa, así como sobre IES Universidade Laboral en particular; dun xeito directo e sinxelo. Ao mesmo tempo, deron resposta a unha morea de preguntas interesantes que os alumn@s lle plantexaron.

 

Foi unha charla frutífera ademáis de necesaria.

 

Quedan aínda varios meses nos que seguiremos a coñecer máis sobre o cambio de etapa para culminar cunha visita ao IES no vindeiro mes de Maio-Xuño.

 

Agradecer unha vez máis a Álex e Carlos, que se achegasen ao noso cole así como a atención prestada!!!

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2023 ANIMADAL

 

 Xa está todo preparado para o festival de Nadal deste ano no que defenderemos a causa de cada un dos animais aos que apadriñamos en cada aula, e para iso realizaranse diferentes bailes, cancións e obras de teatro. Estades todos convidados a acompañarnos este xoves 21 ás 11:00 horas no salón de actos do noso cole. Esperámosvos! Aquí vos deixamos o programa.

 

 
 
 

 

 

CURTAMETRAXES PARA PENSAR

Dende o Equipo de Benestar e Convivencia traballáronse estes días tres curtametraxes para regular as emocións e diferentes prexuízos, así como a resolución de conflictos e respostas ou accións positivas para resolvelos. Grazas a todo o profesorado pola súa implicación.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ALIMENTOS 2023

Este ano volvemos ser punto de RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES para a campaña que organiza tanto Protección Civil do Concello de Ourense como da OPERACIÓN QUILO da Asociación Amencer.

Podedes facer entrega dos xoguetes, xogos, libros... en bo estado; así como de alimentos non perecedeiros ata o VINDEIRO 20 DE DECEMBRO.

Podedes enviar as vosas participacións a través do alumnado ou achegalas vós mesm@s.

Gracias pola vosa colaboración.

Visítanos Loli Bolechas

 A secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a oportunidade de que os Bolechas se achegasen a nosa biblioteca para falarnos das familais monoparentais. Así pois, invitamos a todos os nenos do club de lectura que quixesen a participar desta actividade xunto coas súas familias. Unha vez rematada a sesión do LeoClub de sexto tivo lugar a actividade que foi moi dinámica e divertida. Un conserxe moi simpático púxonos un vídeo no que os Bolechas nos explicaban os tipos de familias facendo máis fincapé nas monoparentais. Logo presentouno a Loli Bolechas coa que falamos un anaquiño. Tamén cantamos unha canción e fixemos un xogo de preguntas. Ao remate da actividade todos os nenos e nenas levaron de agasallo o conto e o caderno de actividades sobre familias monoparentais. Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                

 

 

 

Extingamos o 25N

 Xa que este ano andamos a voltas coa extinción dos animais como tema do noso PDI, o Equipo de Convivencia propuxo elaborar un mural no que deixamos claro que o que si que queremos extinguir é a violenca de xénero. Oxalá non houbese que sinalar esta data no calendario!!

 


 


 

 

Taller educativo sobre DIABETES

O vindeiro 21 de Novembro levarase a cabo un novo taller sobre diabetes no noso centro.

Temos o placer de volver recibir unha vez máis co persoal da ASOCIACIÓN DIABÉTICA AURIA, sempre dispostas a ensinarnos e guiarnos.

É un taller na que estamos convidad@s toda a comunidade educativa: familias, profesorados, persoal non docente...

Ven a coñecer máis sobre o día a día das persoas con diabetes.

Esperámoste!!!

O Departamento de Orientación.

DÍA DA DIABETES 2023

Outro ano máis apoiando e dando visibilidade!!!

Powered by Drupal - Design by artinet