Noticias

OS PERIGOS DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS. Como protexer aos nos@s menores.

Tal e como anunciamos semanas atrás, o pasado 2 de Maio, tivo lugar outra interesante charla dirixida ás familias e resto da comunidade educativa sobre o uso seguro de Internet e as redes sociais.

O xuíz, D. Jose Antonio Vázquez Taín, fixo que as dúas horas de ponencia se nos quedasen escasas.

 

Agradecer a presenza do Xefe Territorial de Educación de Ourense, D. Jorge Rubén Sampedro Grande.

 

 

Do mesmo xeito dar as grazas ao CFR de Ourense, e concretamente á nosa asesora D Rosa Pato polo seu apoio e colaboración nas nosas propostas.

 

 Grazas tamén a todos os asistentes (profesorado, familias, ANPA e AVV de Seixalbo) polo seu interese.

 

Coordinadora de Benestar e Departamento de Orientación.

 

 

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODERÁS ACCEDER A MÁIS FOTOS 

 

 

SEGURIDADE VIAL

O pasado 2 de Maio tivemos a visita da Garda Civil para levar a cabo unha charla sobre SEGURIDADE VIAL, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de EP, dentro do programa Plan Director para mellorar a convivencia cidadá nos entornos escolares.

Os encargados de dirixila e impartila foron Javier Barja (Capitán-xefe), Damián Novoa (Cabo 1º) e Manuel Rodríguez (Garda Civil) do Subsector de Tráfico de Ourense.

 

Agora toca poñer en práctica todo o que eles nos ensinaron e/ou lembraron.

Moitas grazas pola visita!!!

O departamento de Orientación do CEIP SEIXALBO

 

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODERÁS ACCEDER A MÁIS FOTOS SOBRE A VISITA

 

MENORES E USO SEGURO DE INTERNET E REDES SOCIAIS

O pasado martes 16 de abril, contamos coa presenza no noso centro do garda civil Efrén Varón Gil pertencente ao equipo de delincuencia tecnolóxica.

Foi o encargado, tendo en conta a súa ampla experiencia e formación no tema, de impartir unha charla dirixida a familias sobre o uso seguro de Internet e Redes sociais en menores.

O público presente puido escoitar de primeira man aspectos tan importantes na temática como: dualidade "culpable-responsable", é lícito revisar as mensaxes/móbil d@s nos@s fill@s?, ludopatía en adolescentes, cerberus...

Ademáis, Efrén deu resposta a moitas das nosas dúbidas e inquedanzas.

Moitas grazas Efrén por facer que máis de 2 horas de charla non nos chegaran a nada!!!

 

Grazas ao público presente (familias, profesorado e veciños de Seixalbo) por mostrar interés por unha temática tan interesante como preocupante!

 

Dar tamén as grazas ao CFR e á ANPA do cole pola súa colaboración.

Do mesmo xeito, queremos agradecer á AVV de Seixalbo a súa presenza e difusión da charla. 

GRAZAS POR COLABORAR SEMPRE!!!

 

 

Adxunto compartimos a presentación que Efrén nos deixou para poder compartila coa comunidade educativa.

Tamén vos deixamos os seguintes enlaces que el mesmo nos facilitou con tutoriais para poder descargar o control parental:

ANDROID:

https://www.youtube.com/watch?v=4cES-8KtxQM

 

IOS:

 

https://www.youtube.com/watch?v=4ZwnJsW--tQ

 

A COORDINADORA DE BENESTAR E O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

  

 

 

DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS 2024

O pasado 29 de febreiro celebrouse o Día Mundial das Enfermidades Raras 2024. 

Nas aulas de 1º de Educación Primaria quixeronlle darlle visiblidade a través da historia de XIana, unha nena cunha Enfermidade Rara.

Non esquezamos palabras tan importantes como COLABORACIÓN, INVESTIGACIÓN, APOIO E EMPATÍA!!!

Grazas profes Jessica, Aida e Belén polo organizar e implementar esta actividade tan importante ademáis de NECESARIA!!!

 

Queda moito camiño...

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

SESIÓNS DE MINDFULNESS

Dende o Equipo de Benestar e Convivencia do centro estase a levar a cabo Formación sobre MINDFULNESS.

A finalidade é poñelo en práctica co alumnado do centro tendo en conta os beneficios desta práctica.

O pasado martes 27 de febreiro tivemos sesións con varios grupos de alumnos/as.

Foi unha experiencia satisfactoria ademáis de necesaria: coñecemento e percepción do noso propio corpo, control de emocións, relaxación... 

Esta práctica axuda a mellorar o Benestar e á Convivencia no centro.

Grazas a Julia, a nosa experta formadora, por compartir e ensinarnos a súa experiencia.

Queda moito camiño por percorrer e moitas ganas de continuar!

                                                                                                                                                              EQUIPO DE BENESTAR E CONVIVENCIA

 

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS E VÍDEOS 

 

 

 

NÚMERO AGRACIADO NO SORTEO DA CESTA DO ENTROIDO

O número gañador da cesta do entroido foi o 2428

O gañador/a que se poña en contacto co centro.


 

SORTEO DA CESTA DO ENTROIDO

No desfile do vindeiro 9 de febreiro terá lugar un sorteo organizado polas familias do alumnado de 6º de Educacion Primaria co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de etapa de dito alumnado.

 

Podedes mercar as participacións durante o desfile, ao longo do mesmo estarán as familias vendendo. Ao remate levarase a cabo o sorteo coas papeletas vendidas para asegurar que toca a cesta.

No caso de que o gañador/a xa non se atope nese momento, o número agraciado será dado a coñecer na páxina web do centro e en redes sociais; ademáis informarase do mesmo ás familias a través de ABALAR.

Animádevos tod@s a participar!!!

 

 

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ALIMENTOS 2023

Este ano volvemos ser punto de RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES para a campaña que organiza tanto Protección Civil do Concello de Ourense como da OPERACIÓN QUILO da Asociación Amencer.

Podedes facer entrega dos xoguetes, xogos, libros... en bo estado; así como de alimentos non perecedeiros ata o VINDEIRO 20 DE DECEMBRO.

Podedes enviar as vosas participacións a través do alumnado ou achegalas vós mesm@s.

Gracias pola vosa colaboración.

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

O pasado 25 de Outubro, dentro das actividades ofertadas polo Concello de Ourense nos centros educativos, tivo lugar unha charla sobre CIBERSEGURIDADE dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria.

CHARLAS PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET E ACOSO ESCOLAR

Un ano máis, o noso centro solicitou charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º seguindo o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

 

As charlas foron impartidas por parte de membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

As sesións desenvolvéronse os pasado 17 de Outubro: "riscos das novas tecnoloxías e internet" dirixida ao alumnado de 6º de EP e "acoso escolar" destinada ao alumnado de 5º de EP

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023

O  vindeiro 26 de abril, o noso cole participa por segunda vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!

SORTEO CESTA DO ENTROIDO

No desfile do vindeiro 17de febreiro terá lugar un sorteo organizado polas familias do alumnado de 6º de Educacion Primaria co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de etapa de dito alumnado.

Podedes mercar as participacións durante o desfile, ao longo do desfile estarán as familias vendendo.

O desfile comeza no Parque da Infesta e remata no mesmo. Ao remate levarase a cabo o sorteo coas papeletas vendidas para asegurar que toca a cesta.

No caso de que o gañador/a xa non se atope nese momento, o número agraciado será dado a coñecer na páxina web do centro e en redes sociais; ademáis informarase do mesmo ás familias a través de ABALAR.

Animádevos tod@s a participar!!!

 

SORTEO DA CESTA DE NADAL

O número agraciado no sorteo da cesta foi o 604.

Noraboa!!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES

Este ano somos punto de RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES para a campaña que organiza tanto Protección Civil do Concello de Ourense como da OPERACIÓN QUILO da Asociación Amencer. 

Podedes facer entrega de xoguetes, xogos, libros... en bo estado; así como de alimentos non perecedeiros ata o vindeiro 20de decembro.

Podedes enviar as vosas aportacións a través do alumnado ou achegalas vós mesm@s.

 

Gracias pola vosa colaboración

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE E RISCOS DE INTERNET

A Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno, visitaranos este venres 4 de novembro para falar co alumando de 5º e 6º de Educación Primaria (levaranse a cabo dúas charlas) sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar con descoñecidos a través de INTERNET...

 

A charla será impartida por un axente da Policía Nacional da Unidade de Participación Cidadá.

 

Queda pendente unha charla para familias que se levará a cabo unha tarde deste mes a cal se está a organizar contando coa colaboración da ANPA do centro. Seredes informados da mesma nos vindeiros días.

                                                                             A Orientadora do CEIP de Plurilingüe de Seixalbo

 

OURENCANTO 2022

Esta fin de semana, 23 alumn@s do noso cole xunto coa nosa mestra de Música participan no OURENCANTO (IV Encontro de coros infantís, xuvenís e coros escolares)

Onte día 23, a xornada tivo lugar no Conservatorio.

Hoxe ensaian en xornada de mañá e tarde no Auiditorio Municipal, sendo o concerto de clausura de 19:00 a 21:00h.

Compartimos algunha foto dos ensaios, así como un enlace para quen desexe ver o concerto en "streaming".

 

 

NORABOA A TOD@S @S PARTICIPANTES

Powered by Drupal - Design by artinet