2018/19

Xa temos xornada única

No día de hoxe comunicóusenos oficialmente que a xornada única solicitada estaba concedida, polo que o vindeiro curso 2019/2020 o horario do centro sería TODO O CURSO o mesmo que tiñamos ata agora nos meses de setembro e xuño: de 9:30 a 14:30 horario lectivo e de 14:30 a 15:45 comedor, saíndo o transporte escolar ás !5:45. 

Grazas a todos os que o fixestes posible. Bo verán!!

Xornal Escolar 2018/2019

Xa temos listo o xornal escolar "Seixo Branco" deste curso. Non deixedes de ollar as súas páxinas con moitos e diversos contidos de todo tipo. Agora que se presenta un longo tempo de vacacións disporedes de moitas horas para saborear cada unha das súas páxinas. Esperamos que vos guste!

 

Dia nacional das linguas de signos

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de signos, e os alumnos de 3º A e B e 1º B preséntannos un vídeo no que recollen o traballo realizado neste curso sobre este tema. Unha bonita canción que con moito esforzo, entrega e entusiasmo aprenderon na lingua de signos. Aquí vos queda o vídeo para que a disfrutedes! Noraboa a todos os que o fixeron posible! 

Últimas novidades da bilbioteca

Estamos chegando ao final do curso e dende a Biblioteca vos amosamos as últimas novidades que pasan q formar parte dos nosos andeis. Tamén neste mes se deixará de facer o préstamo para pasar a organizar e preparar a biblioteca de cara ao curso que vén. Non esquezades devolver os libros que aínda tedes na casa! Non deixedes no verán de practicar ese hábito tan saudable e beneficioso e como non, pracentero como é a lectura. Pronto estaremos de volta con moitísimas novidades para xuntos seguir aprendendo e disfrutando das vantaxes da lectura. Bo verán!

Semana de sensibilización de discapacidades "CAPACIDADES DIFERENTES, CORAZÓNS IGUAIS"

Dende o Departamento de Orientación xunto co grupo de Dinamización da convivencia do centro ten organizada para a vindeira semana, do 10 ao 14 de xuño (ámbolos dous incluídos) unha semana chea de actividades de concienciación, sensibilización e reflexión en relación a algunhas das dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade.

Tamén pretendemos dar a coñecer medios. técnicas e/ou sistemas que utilizan as persoas con discapacidade no seu día a día.

 

Para a organización e posta en práctica das diferentes actividades contamos coa colaboración e apoio da mestra de Educación Física, a coordinadora de Educación Infantil e mestra de Psicomotricidade, a mestra de Relixión, os/as mestras de Valores dos diferentes grupos, a mestra de Ed. Musical, a mestra de atención educativa da ONCE, os/as titor/as dos diferentes grupos e de todo o claustro en xeral. SEN TODOS/AS ELES/AS NON SERÍA POSIBLE!!!

 

Damos comezo a unha semana, na que o fin último é aprender entre todos e para todos.

As consecuencias dos incendios

Os nenos de sexto asistiron a unha charla moi lúdica e práctica na que puideron aprender que pasa despois dun incendio. Eles mesmos representaron diferentes papeis dando lugar a distintas situacións nas que cada un tiña que defender os seus intereses.

Máis actividades

Na seguinte presentación deixámosvos algunhas das últimas actividades realizadas no centro por diferentes cursos. Os nenos de 3º, o 30 de abril saíron de excursión a visitar as instalacións de Finsa e de Ambulancias Rodríguez. Os nenos de 1º e 2º disfrutaron dunha sesión de contacontos levada a cabo por Sabela grazas a editorial SM. Pola súa  parte en Infantil levouse a cabo unha actividade de saúde bucodental, na que os pequenos aprenderon a cepillarse os dentes correctamente. E xa para rematar deixámosvos algún exemplo dos traballos realizados con motivo do día do libro. Se pinchades nas imaxes, veredes máis fotos de cada actividade.

Ricas e exquisitas novidades de abril

Non deixedes de pasar pola biblioteca que neste mes cocíñanse uns títulos moi interesantes. Dádevos présa porque ademais chegou ao cole un monstruo famento disposto a comerse todos eses libros e  máis, asíque a por eles antes de que desaparezan!!

Saída 3º A e 3º B

Os alumnos de terceiro realizaron unha saída ao centro da cidade onde visitaron unha exposición de arte privada na que puideron contemplar algunhas obras de arte de artistas como Sorolla e Dalí. Tamén visitaron o mercado onde puideron ver os diferentes postos de alimentación como carnicerías, peixerías, froiterías etc...

Día da PAZ 2019

Aquí podedes ver un resumo da celebración do Día da Paz. Se pasades de páxina na presentación poderedes ver os vídeos.

CONSEGUIDO!!

Hoxe, 23 de xaneiro de 2019, dende as 10 de mañá ás nove da noite, procedeuse a realizar unha votación en prol da xornada continuada, xornada que a maioría dos pais viñan demandando dende hai tempo. Damos as grazas á participación e colaboración das familias en todo o proceso e especialmente no día de hoxe, pois sabemos o esforzo que lles supuxo a moitas delas achegarse ao centro a depositar o seu voto. A participación foi dun 80% do cal un 70% manifestouse favorable á xornada continuada. Noraboa!

Proxecto de modificación de xornada

Este é o proxecto que se vai presentar para o cambio de xornada a unha xornada única. Lembramos que as votacións realizaranse este mércores e que o motivo desta celeridade é que así nolo pediron hoxe dende a administración. É fundamental a participación de tódalas familias para que o resultado sexa o desexado. Poden acudir a votar dende as dez da mañá ata as nove da noite.

Actividade Os Bolechas

Hoxe 17 de xaneiro de 2019, os nenos e nenas de terceiro e cuarto disfrutaron dunha sesión moi entretida cos coñecidos personaxes "Os Bolechas" onde aprenderon moitas cousas acerca de que facer cos residuos dos aparellos eléctricos.

Actuacións do festival de Nadal

Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!

Festival de Nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal no cole para todos os nenos e nenas e mañá será o gran día, pois todas as familias que o desexen poderán acompañarnos e disfrutar do traballo que realizamos durante as últimas semanas. Asi pois, esperámosvos a partir das once e media no salón de actos! Só recordar unha cousa importante...

Así foi a visita de Susa Herrera

Por fin chegou o momento esperado no que Susa Herrera subía ao escenario e nos deleitaba coas súas cancións de animais do seu coñecido libro "Cantos animais". Desde o primeiro segundo todos conectamos con ela e nos entregamos aos seus cantos e coreografías, desde os máis cativos aos máis maiores pasando polos profes. Foi un rato  moi agradable que se pasou moi rápido e que nos deixou con ganas de máis. Grazas a Anpa por brindarnos a oportunidade de desfrutar duns minutos musicais cheos de maxia e grazas a Susa Herrera por aceptar compartir con nós esa maxia que desprendes.

Susa Herrera visita o noso cole

Este venres ás doce e media, grazas a colaboración da Anpa, temos a sorte de poder contar no noso cole coa presenza de Susa Herrera coa que imos pasar un rato moi agradable e divertido escoitando e cantando as súas cancións de animais. Que privilexiados nos sentimos!

Certame do Concello Postais de Nadal

Os alumnos de 3º A e 3º B participaron nun Certame organizado polo Concello consistente en elaborar unha postal para felicitar este Nadal 2018. Aquí podedes ver as súas creacións.

Saída 3º A e 3º B "O Ártico se rompe"

O 23 de novembro os alumnos de 3º A e 3º B realizaron unha saída que resultou moi interesante. Visitaron unha exposición que se atopa no Xardín do Posío titulada "O ártico se rompe" e tamén visitaron o IES Otero Pedrayo pois conta cunha colección de aves disecadas que merece a pena ver. Foi unha xornada moi aproveitada ademais de divertida!

Powered by Drupal - Design by artinet