Actividades

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

Inscripcións ata o 6 de xuño clicando no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMorMP29-1zOGBSzyuST3JwkoP2iUc...

 

Se tes calquera dubida podes escribirnos a : ampaseixalbo@gmail.com

 

Agardamosvos!!!!

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

BENVIDOS O NOVO CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

 

Queremos darvos a benvida ao presente curso escolar 2020/2021, un curso que se presenta cheo de medos e incertezas.

O curso pasado rematou de forma abrupta o 12 de marzo. Tivemos que deixar moitas ideas aparcadas, anular boa parte da nosa programación, e perdemos contacto con moitas das nosas familias. Este curso, desafortunadamente, non se nos presenta moito mellor. A situación sanitaria fai que moitos dos nosos cometidos se vexan limitados ou directamente non teñan cabida tal e como se plantexaban ata agora. 

Como consecuencia, este curso vémonos na obriga de anular a oferta de extraescolares fóra do horario lectivo, debido ás dificultades que lles supón ás empresas proveedoras destes servizos a organización de actividades fóra das instalacións propias e ante a falta dun protocolo específico.

Sí mantemos o servizo de Madrugadores, con limitación de aforo e unhas normas máis estrictas, pero que consideramos fundamental por ser un servizo esencial para a conciliación de moitas familias.

Todas as comunicacións durante este curso terán que facerse fundamentalmente por vía telemática, ben por correo electrónico ou ben a través da páxina de Facebook. Tamén será posible a través do teléfono do centro, deixando a vosa consulta e un número de contacto para que vos chamemos de volta. Anúlase durante este curso o uso do buzón da anpa e o intercambio de papéis.

Ainda está por definir cómo se van a organizar as asambleas da asociación. Trataremos de facer asambleas presenciais na medida do posible, en espazo aberto e con confirmación de asistencia.

 

A pesar de todas estas dificultades, seguiremos traballando en iniciativas que supoñan unha mellora na calidade do ensino das nosas fillas e fillos, colaborando co centro e coas familias no que sexa preciso, presionando ás administracións para manter e mellorar os servizos do noso centro, e sumándonos a todas as iniciativas que esixan unha escola pública, gratuíta e segura para tod@s.

 

Esta nova etapa supón un reto e moitas dificultades para gran parte da nosa comunidade educativa, pero esperamos que se poida afrontar con forza e optimismo, e que superemos esta época tan complexa o antes posible.

 

Instruccións asociados curso 2020/2021

 

Enviar ficha de inscripción cumplimentada e xustificante de pago da cuota (15€) a ampaseixalbo@gmail.com. Conta bancaria en ABANCA: ES48 2080 0476 1930 4001 7235

 

É imprescindible indicar unha conta de correo electrónico válida, xa que será o medio de comunicación coas familias durante este curso.

EXPOSICIÓN PÚBLICA ESTATUTOS ANPA CEIP PLURILINGÜE DE SEIXALBO

EXPOSICIÓN PÚBLICA ESTATUTOS ANPA CEIP PLURILINGÜE DE SEIXALBO

Estimadas familias

Entre os días 3 e 17 de febreiro establécese o período de exposición pública e presentacióne de alegacións dos novos estatutos da anpa do CEIP Plurilingüe de Seixalbo.

O borrador dos estatutos estará publicado na web do centro, apartado anpa, e no tablón de anuncios do edificio administrativo do centro.

As alegacións poden presentarse por correo electrónico na dirección de correo ampaseixalbo@gmail.com, ou ben en papel no buzón da anpa, situado no edificio administrativo do centro.

Non serán admitidas alegacións anónimas nin presentadas con posterioridade ao 17 de febreiro ás 17h. A Xunta Directiva disporá a continuación dun prazo de 3 días para resolver as alegacións presentadas.

Un saúdo

Xunta Directiva

PXA CURSO 2019-2020

O archivo adxunto contén a programación xeral de actividades (aprovada na asamblea do dia 15 de outubro) desta asociación para o curso 2019-2020. 

PROGRAMA DE IGUALDADE

Sentimonos moi orgullosos de poder presentarvos un novo proxecto, animadevos a participar na xornada de presentación!!!

PROGRAMA DE IGUALDADE

Actividades extraescolares curso 2019/2020

 

O planning das actividades extraescolares que a  Anpa vai a realizar són as seguintes:

 

horario

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

15:45-16:45

Patinaxe

Trinity Gese

Teatro

Trinity Gese

 

Chiquirritmo

Zumba-baile moderno

16:45-17:45

Fútbol-sala

Taekwondo

 

 

 

PROXECTO DE DIAS SEN COLE

 

 Familias,


no pasado Consello Escolar do dia 29 de outubro aprobouse o proxecto “Días sen cole”, presentado pola Anpa para favorecer a conciliación familiar en días laborais e non lectivos (nin festivos nin fin de semana).

Organización:

  • día 7 de decembro (dia do ensino curso 2018/2019)
  • día de libre elección do centro escolar : 20 de maio do 2019
  • nadal: 26, 27 e 28 de decembro ; e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro
  • entroido : 4 e 6 de marzo
  • semana santa: 15, 16, 17 e 22 de abril

Horario: 7,30 a 14,30
Idade: de 3 a 13 anos
Alumnado ó que vai dirixido: alumnado de calquera colexio público de Ourense
Empresa que vai a realizar o servizo: Fapa
Prezos: dias soltos 14€/día (socios Anpa Ceip de Seixalbo ou outra anpa federada en FAPA)


INFORMACIÓN XERAL


Recepción / recollida
Tanto a recepción como a recollida faranse na porta do centro, debendo vir sempre acompañados por un adulto ata a mesma.
A recollida só poderá ser realizada polos pais/nais/titores legais, ou por persoas debidamente autorizadas. Prégase puntualidade.

COMO ASOCIARSE A ANPA

 

Estimadas familias,

 

Gustaríanos animar a todas as familias a asociarse xa que o noso principal obxectivo é a educación é o benestar dos nenos e nenas en colaboración permanente co claustro de profesores.

Para poder ser socios da Anpa hai que cubrir a folla de inscripción de socio, facer o ingreso da cota na conta indicada, e mandar copia do xustificante xunto coa folla de inscripción ó centro ou por correo electrónico.

A cota da Anpa para o curso escolar 2018-2019 será de 15€ por familia para as familias que cursen no Ceip Plurilingüe de Seixalbo e de 10€ para as familias que cursen en calquera unitaria (Noalla, Taboadela e Santa Cruz) adscrita ao centro de Seixalbo.

 

Un saúdo.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 18/19

 

Estimadas familias,

 

Benvidos a un novo curso escolar, no que estreamos directiva na anpa.

Gustaríanos animar a todas as familias a asociarse xa que o noso principal obxectivo é a educación é o benestar dos nenos e nenas en colaboración permanente co claustro de profesores.

Para poder ser socios da Anpa hai que cubrir a folla de inscripción de socio, facer o ingreso da cota na conta indicada, e mandar copia do xustificante xunto coa folla de inscripción ó centro ou por correo electrónico.

SERVIZO DE MADRUGADORES

 

INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO DE MADRUGADORES

 

 

Recordamos que a partir do dia 12 de setembro comenza o cole e desde ese mesmo dia teredes dispoñible o servizo de madrugadores xestionado por Fapa Ourense.

 

Funcionará desde as 7,30 da mañá, coa posibilidade de podelo usar de xeito diario como de xeito esporádico.

 

Os prezos varian en función das horas e da regularidade coa que se utilice o servizo, e o prezo é o mesmo durante os 10 meses de curso escolar.

 

ACOLLIDA ESTIVAL

ACOLLIDA ESTIVAL

Do 3 ó 7 de setembro volve ó CEIP de Seixalbo o programa de Acollida Estival, promovido por FAPA Ourense, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de calquera centro educativo. Será unha semana chea de actividades e aventuras: xogos de auga, minichef, inglés, manualidades, merenda campestre, xogos populares, etc, en horario de 8:30 a 14:30. 

Para máis información, podedes contactar a través do noso facebook (ANPA-CEIP-Plurilingüe de Seixalbo) ou no correo ampaseixalbo@gmail.com.

Powered by Drupal - Design by artinet