Prensa

Os pais continuan a loita polo cambio de xornada no centro

Hoxe, 12 de setembro de 2018, comeza o curso escolar e no CEIP Seixalbo continúan os actos para tentar cambiar o actual horario do centro.

A piques de comezar o curso escolar, hoxe, 11 de setembro continuan as reivindicacións dos pais do grupo promotor pola xornada única no CEIP Seixalbo.

Hoxe 28 de agosto, Nuria Sueiro, nai integrante da comisión que se formou no centro para tentar levar a cabo un cambio de xornada, foi entrevistada pola canle Telemiño para dar a coñecer a nosa problemática e inquedanzas.

A celebración do día da diabetes no xornal "La Región"

O pasado mércores 22 de novembro recollíase no Xornal Escolar de "La Región" unha referncia á celebración do día da diabete no noso centro. Aquí vola deixamos

 

O Magosto tamén no xornal

Así aparecíamos onte en "La Región" con motivo da celebración do Magosto.

 

Polo Samaín tamén no xornal

A "Voz de Galicia" quixo unha vez máis recoller entre as súas páxinas do 1 de novembro a exposición de cabazas que realizamos no cole grazas a colaboración das familias. Desde aquí dámosvos as grazas polo voso esforzo e colaboración da que nos sentimos moi satisfeitos, pois cada ano as vosas creacións son máis sorpendentes. Grazas por compartilas con nós. . O xornal "La Región" tamán publicou hoxe 8 de novembro unha noticia sobre a exposición das cabazas Aquí vos deixamos a referencia á exposición nos dous xornais la "Voz de Galicia" e "La Región" 

 

Novamente no xornal!

Desta volta a Voz de Galicia interesouse por un traballo realizado polos nenos a partires dun niño que Marcia atopou e levou ao cole con toda a ilusión. Tamén resaltaron a actividade levada a cabo por mor dos incendios que asolaron a Galicia o 15 de outubro. Deixámosvos a noticia para que a leades.

De novo na prensa

Non podiamos deixar de mostrar a nosa consternación e rabia polos incendios que feriron a nosa Terra, e por iso fixemos un acto 

de protesta que hoxe 19 de outubro, o xornal "La Región" recolleu entre as súas páxinas.

 

O noso cole na prensa

O motivo foi a volta ao cole, e por iso o 20 de setembro o xornal "La Región" adicounos unha páxina que nos fixo moita ilusión.

Powered by Drupal - Design by artinet