Actividades do programa

MARCHA EN BICICLETA "SEIXALBO BIKE CONTRA O VANDALISMO"

O alumnado de 6º de EP leva varios meses inmerso no programa "Investigadores Sociais #SENVANDALISMO". Un programa que se levou a cabo nun total de 10 centros galegos e que é organizado pola asociación APES e a fundación BARRIÉ.

Dito programa, tal e como fomos compartindo, permitiunos facer unha análise de que é o vandalismo e os riscos aos que conleva participar neste tipo de actos.

O vandalismo é un comportamento antisocial qeu se inicia, normalmente, na adolescencia e supón unha conduta de risco por ter como fundamento o uso da violencia contra as cousas. Estos actos supoñen unha aprendizaxe de comportamentos potencialmente delictivos.

Foron meses de aprendizaxe arredor dunha temática da que xurdiron dúbidas e inquedanzas.

Sendo a base metodolóxica do programa a Aprendizaxe-Servizo, chegou o momento de realizar a acción social que o alumnado deseñou baixo o lema que eles mesmos inventaron "SEIXALBO BIKE CONTRA O VANDALISMO". Ademáis, alumnos da clase foron os encargados de darlle forma ao logo baixo o asesoramento de toda a clase que foi aportando ideas.

O vindeiro 8 de febreiro achegámonos a Taboadela coa idea de concienciar á comunidade sobre a importancia da prevención dos comportamentos de risco. 

Decir que o alumnado está emocionado, xa que no concello nos recibirán representantes do mesmo para escoitar un resumo de todo o que aprendemos neste pequeno-gran proxecto.

Dar as grazas ao Concello de TABOADELA e ao club TABOADELA BIKE por darnos a oportunidade de facer realidade a ilusión que o alumnado deseñou.

Convidámosvos a acompañarnos.

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 

SEIXALBO BIKE CONTRA O VANDALISMO de Rbau

Powered by Drupal - Design by artinet