Complementarias

Visita de 6º á Policía Nacional

Os nenos e nenas de sexto fixeron unha visita á comisaría da Policía Nacional, onde tiveron a ocasión de ver as instalacións e o funcionamento deste corpo de seguridade. Foi moi interesante e aprenderon moitas cousas. Grazas por recibirnos, pasámolo xenial!

Últimas Actividades

Aquí vos quedan unhas fotos coas últimas actividades levadas a cabo no noso cole. Premede nas fotos para acceder ao álbum.

Día do Libro 2018


 

Certame Chefs Saudables

Unha vez máis o noso cole participa no certame de "Chefs Saudables" posto en marcha pola Consellería de Sanidade. O obxectivo era elaborar un prato principal que incluise alomenos legumes, peixe e verduras ou hortalizas. Desta volta participaron os nenos e nenas de tres anos elaborando ricas Arepas e as nenas e nenos de 1º de primaria que cociñaron un saudable Cous Cous de verduras. Nestes videos podedes ver os seus traballos e comprobaredes que a calquera se lle abre o apetito!

Exposición "Lembranzas do pasado"

Do 20 ao 23 de marzo na biblioteca do cole tivo lugar unha exposición de aparellos diferentes cos que nos remontamos ao pasado. Tratábase de diferente material que estaba agochado no vello laboratorio do cole e que foi atopado o curso pasado. Dende máquinas de escribir, teléfonos, microscopios, balanzas, tocadiscos etc... Todos en perfecto estado e con moitas cousas que contar. Os nenos dos diferentes cursos investigaron sobre eles e elaboraron unha pequena ficha que acompañaba a cada obxecto. Ademais na clase de música traballouse a obra de Leroy Anderson "A máquina de escribir", que foi o aparello que elixiron para investigar os alumnos/as de terceiro.

Día da Árbore . Marzo de 2018.

O 22 de marzo conmemórase o Día da Árbore e no noso cole celebrámolo plantando un salgueiro que nos facilitou a Deputación de Ourense. O seu novo fogar está no patio, nun lugar protexido onde todos o coidaremos para que medre san e forte. e como non, entre todos escollimos un nome para poñerlle. O elixido foi: SEIXALGUEIRO.

Álbum de fotos día da Árbore. Marzo 2018

 

Artesanía na Escola

No mes de Novembro comezouse unha nova actividade nalgunhas aulas moi motivadora para todos. Tratábase de tecer cun telar para lá. A actividade acolleuse moi ben por parte de todos os nenos que adicaron parte do seu tempo a esta tarefa. Os máis maiores fixeron gorros que logo luciron no festival de Nadal. Os de 2º A fixeron unha bufanda entre todos, e os peques de cinco anos fixeron unhas bonitas pulseiras e colares cun telar adaptado cos que complementaron os seus disfraces polo entroido. Foi unha actividade moi productiva e motivadora! 

Álbum de fotos Artesanía na escola. Seixalbo curso 2017/2018

 

Actividade de Socorrismo

Os alumnos de Sexto disfrutaron no día de hoxe dunha actividade de socorrismo moi interesante e práctrica coa que aprenderon moito.

 Álbum de fotos Actividade de Socorrismo. Marzo 2019

 

Encontros co autor Xavier Estévez

A Concellería de Educación, un ano máis agasallou aos nenos de 5º de Primaria cun libro co que traballaron na aula. Esta vez tratouse de "Avións de papel" de Xavier Estévez. Hoxe, 15 de marzo tiveron a sorte de poder asisitir a un encontro co autor no Liceo co que puideron coñecer un pouco máis da súa obra e inquedanzas. Foi un encontro moi ameno e cercano, no que os nenos e nenas puideron realizar as preguntas que consideraron oportunas a Xavier Estévez. Xa por último o autor asinou os libros de todos os nenos e pousou para unha foto de recordo do acto. Todos os nenos ían encantados e algún deles incluso lle pediu a Xavier que escribise unha segunda parte do libro. Grazas Xavier!

Álbum de fotos Encontros co autor Xavier Estévez Avións de Papel

Saída ao auditorio 1º e 2º. "Garbancito"

Hoxe os alumnos de 1º e 2º asistiron a unha representación no auditorio, no que se contaba o conto de "Garbancito". Aquí vos deixamos algunha foto da actividade.

Álbum de fotos Saída 1º e 2º Auditorio

Visita da Bombeira Cristina

O día 7 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, veu de visita ao cole a bombeira Cristina para dar a coñecer a súa profesión e reivindicar o papel da muller en profesións que son normalmente masculinas. Os nenos fixéronlle preguntas moi interesantes e divertidas. Grazas Cristina por aceptar a nosa invitación!!

Actividade "AQUALOXÍA" Alumnos de 3º

O luns cinco de marzo tivo lugar a actividade "AQUALOXÍA" organizada por Viaqua a través do concello de Ourense. Viñeron dous monitores con recursos educativos dixitais e interactivos. O alumnado fixo actividades prácticas sendo parte activa no desenvolvemento dun conto. Xogaron a descubrir o consumo e a rede de transporte de augas, facendo actividades para saber xestionar a auga nunha cidade.

Tamén houbo tempo para a reflexión sobre temas de cómo evitar que se manche a auga, non malgastala...

Ademais ao remate déronlle a cada neno un diploma e unha bolsa. Estivo xenial!!

Álbum de fotos dActividade "Aqualoxía"  Imagen animada de Agua   Grifos Llaves de paso   Agua 107

Actividades de Saúde Bucodental

Este luns 5 de marzo contamos coa visita dos alumnos do CIFP de A Carballeira que viñeron ao noso centro con moitas actividades relacionadas coa hixiene e a saúde bucodental. Estaba dirixido a nenos e nenas de 4 e 5 anos e dos cursos de 2º, 4º e 6º. Estiveron boa parte da mañá traballando e xogando con nós e pasámolo xenial, ademais de aprender moitas cousas. Ademais fixéronnos pequenos agasallos e déronnos un diploma pola participación nas actividades e xogos. Encantounos todo, foi unha actividade estupenda e que mereceu a pena. Grazas a todos os futuros hixienistas que o fixeron posible!! Ah, ademais a vindeira semana os nenos e nenas de 4º de primaria están invitados a visitar o seu centro na carballeira. Alí estaremos!

Álbum de fotos de saúde bucodental

Un contedor de papel para o noso cole

Hai xa algún tempo que botabamos en falta no nose cole un contedor de papel e os nenos de 2º A que ademais levaban reciclándoo desde o inicio de curso non tiñan onde botalo polo que decidiron tomar a iniciativa de dicirllo ao Sr, Alcalde. A sorpresa foi que o Sr. Alcalde respondeu positivamente a súa petición e fixo chegar ao noso cole o tan desexado contedor de papel. Non só iso, senon que ademais os nenos e nenas de 2º A tiveron a sorte de contar coa súa presenza na aula. Todo un luxo! Estámoslle moi agradecidos ao Alcalde pola atención que tivo con nós e por iso fixemos este vídeo onde se recolle toda esta aventura. Grazas Alcalde!!

AQUÍ ÁLBUM FOTOS

ENTROIDO 2018

O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!

 

Día da Paz 2018

O Día da Paz celebrámolo con diversas actividades que podedes ver na seguinte imaxe premendo nos diferentes elementos.

Festival de Nadal 2017

Antes de comezar as vacacións de Nadal celebramos o noso festival de Nadal como todos os anos, no que non podían faltar bailes, cancións, panxoliñas, teatro e moitas cousas máis. Aquí podedes ver as fotos e vídeos de todo o que fixemos con tanto esforzo e ilusión.

ÁLBUM DE FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2017

Día Mundial da Diabetes

Onte 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabete e no noso cole non quixemos deixar de realizar pequenas actividades conmemorando a data, xa que algúns compañeiros conviven con esta enfermidade día a día. Neste vídeo podedes ver o que fixemos: charlas sobre a doenza, realización do símbolo da diabete, xogos con globos e Ana, a encargada do comedor, vestiuno de gala para a ocasión con bonitas cores azuis, a cor representativa da diabete. Aquí vos queda o vídeo.

FESTA DO MAGOSTO

Este venres 10 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. Non faltaron moitos xogos tradicionais cos que o pasamos moi ben e como non, ricas castañas asadas e quentiñas. Aquí vos quedan as fotos da celebración e algún vídeo cos mellores momentos.

Álbum de fotos O Magosto

 

 

Así celebramos o Samain

Seguimos de celebracións no cole. Despois do día da Biblioteca esperábamos con moitas ganas o Samaín e foron moitas as cousas que fixemos. Non faltou a xa tradicional exposición de cabazas que non poderíamos ter realizado se non fose pola inestimable colaboración das familias que ano a ano se superan coas súas creacións. Podédelo ver no vídeo que hai máis abaixo e nas fotos do álbum. Fixéronse traballos escritos de contos de medo e de menús do samaín; cantáronse cancións e os máis pequenos do cole tiveron tamén a súa particular celebración: unha merenda terrorífica na que comeron arañas, cabazas e fantasmas e a visita da bruxa Catuxa,que ultimamente non falta nunca a esta cita. A continuación podedes ver vídeos e fotos de todo isto. Espero que vos gusten. Nós pasámolo de medo!

 

 

 

 

CONTOS DE MEDO DE 6º

 

Volta Junior

Onte os alumnos de 3º, 4º e 5º e 6º tivemos a ocasión de participar nunha actividade relacionada co ciclismo que leva por título "Vuelta Junior", levada a cabo como consecuencia da chegada da Volta Ciclista a España en setembro. A actividade consta de dúas partes e onte realizamos a primeira delas. Consistiu nunha parte teórica e outra práctica coa realización de probas e ximcanas no patio do cole. Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade.

Día das Letras Galegas 2018

Este ano adicouse esta celebración a María Victoria Moreno. Para homenaxeala quixemos decorar as escaleiras que suben ás aulas cos carteis de diferentes títulos da súa obra. Así de coloridas e bonitas quedaron. Tamén os alumnos de 3º B e 4º B recitaron dous dos seus poemas que podedes ver no vídeo.

Sesións de xogos populares para os alumnos de 6º de primaria

Os días 21 e 28 de febreiro os alumnos/as de 6º curso de primaria cambiaron a clase de Educación Física por dúas sesións de Xogos Populares impartidas por Lito, o monitor do Centro Cultural Xaquín Lorenzo "Xocas" da Deputación de Ourense.

Na primeira sesión practicaron "A Porca" e "O Pino" no patio, e na segunda, fixeron xogos bailados. estivo fenomenal!!

Álbum de fotos das sesións de Xogos Populares   

Powered by Drupal - Design by artinet