ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 18/19

 

Estimadas familias,

 

Benvidos a un novo curso escolar, no que estreamos directiva na anpa.

Gustaríanos animar a todas as familias a asociarse xa que o noso principal obxectivo é a educación é o benestar dos nenos e nenas en colaboración permanente co claustro de profesores.

Para poder ser socios da Anpa hai que cubrir a folla de inscripción de socio, facer o ingreso da cota na conta indicada, e mandar copia do xustificante xunto coa folla de inscripción ó centro ou por correo electrónico.

A cota da Anpa para o curso escolar 2018-2019 será de 15€ por familia para as familias que cursen no Ceip Plurilingüe de Seixalbo e de 10€ para as familias que cursen en calquera unitaria (Noalla, Taboadela e Santa Cruz) adscrita ao centro de Seixalbo.

 

Recordamos que temos dispoñible o servizo de madrugadores a partir das 7,30h da maña, servizo que é xestionado pola FAPA, coa posibilidade de ser usuarios de xeito diario ou ocasional.

 

As actividades extraescolares do presente curso darán comezo o dia 1 de outubro, e rematarán o dia 31 de maio, e todas contan con un grupo mínimo de 10 nenos ou nenas para poder realizalas. O prazo para anotarse ás actividades remata o vindeiro 25 de setembro, deixando aberta a posibilidade a que se poda inscribir calquera alumn@ durante o curso sempre e cando a actividade esté en funcionamento.

Mantense o horario no que se realizarán as actividades extraescolares (de 15h a 16h) exceptuando ciclismo que se realizará un dia á semana despois do remate das clases en horario de 17,15 a 18,15.

 

A continuación presentamos a oferta de actividades extraescolares que propoñemos xunto cos obxectivos a acadar no curso:

 

  • Predeporte: a través de multiples xogos os nen@s iniciaranse na práctica de diferentes deportes sen propósito competitivo, para adquirir hábitos saudables, aceptación do propio corpo, socialización, convivencia e coeducación. Céntrase na psicometría e a adqusición de habilidades e destrezas motrices básicas.

  • Chiquirritmo: espazo onde a través da música, o movemento e o xogo potenciarase o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas: memoria auditiva, capacidade rítmica, concentración e exploración dos diferentes materiais de son de forma creativa e divertida.

  • Patinaxe: iniciación ó patinaxe, desenvolvendo o sentido do equilibrio e coordinación, para facilitar o control dos patíns a través de exercicios específicos e circuitos motrices. Aprenderán a facer movementos e xiros con fluidez e superar obstáculos sobre os patíns.

  • Zumba-baile moderno: ofreceranse rutinas deseñadas para nen@s baseadas nas coreografías orixináis de zumba, dando a oportunidade de manterse activos e bailar ó ritmo da súa música favorita. Os pasos aprenderanse de forma gradual, engadindo actividades e elementos de exploración cultural.

  • Kung fu: arte marcial milenaria e como unha forma de defensa persoal. A palabra kung fu significa “traballo continuo e esforzo”

  • Mini-chef (en inglés e galego): espazo no cal se prepararán receitas adaptadas, e se pretende achegar ós nenos a cociña de forma lúdica, creativa e saudable. Os nenos e as nenas traballarán en equipo fomentando a cooperación, aprenderán receitas e descubrirán o gusto pola cociña.

  • Ciclismo: actividade pensada para todos os nenos, en especial para os de Infantil que non saiban andar sen rodís, a actividade desenvolverase entorno ó xogo e terá como obxectivo o desenvolvemento psicomotriz, coordinación, equilibrio e seguridade para a utilización correcta da bicicleta.

  • Basket & English: potenciar a práctica do deporte utilizando o exemplo a constancia, o esforzo e o sentimento de equipo. E o mesmo tempo practicar o inglés.

  • Fútbol sala: aprender a xogar de forma divertida, coñecer as regras do xogo e fomentar o xogo en equipo

  • Rugby (en inglés e galego): coñecer o deporte e as regras básicas. Fomentar o xogo en equipo é aprender a disciplina do rugby o mesmo tempo que se practica inglés.

  • Voleibol: coñecer un deporte en auxe. Aprender a través do xogo as regras básicas deste deporte dun xeito lúdico e divertido. Posibilidade de integrarse nos diferentes equipos do clube.

  • Art attack (manualidades en inglés): fomento do desenvolvemento artístico a través de distintas manualidades. Traballarán con distintos materiais e formas permitindo a cada neno/a o uso da propia imaxinación e creatividade, utilizando como lingua de aprendizaxe o inglés.

  • Storytelling-songs and games: iniciarase a aprendizaxe do inglés por medio de contos escenificados nos que se representan activamente todos os papeis argumentais. Así, os/as nenos/as viven emocionalmente o relato convertíndose en protagonistas. Esta actividade compleméntase con cancións e xogos que fomentan a aprendizaxe do inglés de forma lúdica e atractiva para os/as máis pequenos/as.

  • Debuxo e pintura: Traballarán a creatividade dos alumnos/as orientados cara o debuxo e a pintura (trazos, siluetas, debuxo con carbonciño, distintas técnicas de cor....)

  • Robótica: iniciación a programación, a impresión 3d e creación de un robot para cada alumno

  • Xadrez: aprender as regras do xogo. O xadrez axuda a fomentar a concentración e a estratexia

 

A continuación presentamos un cadro resumo co prezo, a empresa que o vai a xestionar e a idade recomendada para participar.

O prezo das actividades será o mesmo durante tódolos meses do curso, e o prezo xa inclúe os materiais que se van a empregar para realizar a actividade, salvo no caso de Kung-fu, ciclismo e patinaxe.

 

No caso de no desexar asociarse á anpa, será necesario pagar unha matrícula de 15€ por actividade.

 

ACTIVIDADE

EMPRESA

PREZO

FORMA DE PAGO

DÍAS (ORIENTATIVO)

IDADE ACONSELLADA

PATINAXE

MOUXION

10€/MES

TRIMESTRAL

MÉRCORES

+ 6 anos

CHIQUIRRITMO

MOUXION

10€/MES

TRIMESTRAL

LUNS

de 3 a 6 anos

ZUMBA-BAILE

MOUXION

10€/MES

TRIMESTRAL

LUNS

+ 6 anos

PREDEPORTE

MOUXION

10€/MES

TRIMESTRAL

MÉRCORES

de 3 a 6 anos

KUNG FU

XIMNASIO ARTAI

150€/ANUAIS + 40 FED (ANUAIS)

ANUAL

MARTES E XOVES

+ 4 anos

MINI CHEF

FAPA

14€/MES

TRIMESTRAL

MARTES

todas

CICLISMO

MAESE-BIKE

10€/MES

MENSUAL

MARTES (ás 17:15)

todas

BALONCESTO

WILLIE LADSON

10€/MES

MENSUAL

VENRES

+ 6 anos

FÚTBOL SALA

OCIOSAUGAL

10€/MES

TRIMESTRAL

LUNS

+ 4 anos

RUGBY

OURENSE RUGBY

10€/MES + 35 FED (ANUAIS)

MENSUAL

VENRES

+ 4 anos

VOLEY

CLUB BURGAS VOLEIBOL

10€/MES

MENSUAL

MARTES E XOVES

+ 6 anos

ART ATTACK

ACTIVA

15€/MES

MENSUAL

XOVES

todas

DEBUXO-PINTURA

ACTIVA

15€/MES

MENSUAL

XOVES

todas

STORYTELLING

ACTIVA

15€/MES

MENSUAL

VENRES

de 3 a 6 anos

ROBÓTICA

OCIOSAUGAL

20€/MES

TRIMESTRAL

MÉRCORES (AVANZADO) XOVES (INICIACIÓN)

+ 8 anos

XADREZ

XADREZ OURENSE

15€/MES

MENSUAL

MARTES

+ 6 anos

 

De todos xeitos se tedes calquera duda ou pregunta podedes falar ou ben con calquera de nós, escribirnos o noso correo electrónico (ampaseixalbo@gmail.com) ou ben a nosa páxina de facebook (ANPA CEIP Plurilingüe de Seixalbo).

 

Un saúdo



AdxuntoTamaño
PREINSCRIPCION EXTRAESCOLARES.pdf171.72 KB

Powered by Drupal - Design by artinet