Día da Paz 2020

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e non violencia cunha homenaxe a persoa de Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004, pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a Paz, fundando o Movemento "Cinturón Verde". Duante estas semanas profundizamos na súa historia lendo ou vendo o conto "Wangari e as árbores da Paz". A partir dese conto, os nenos e nenas de 2º A e B e os/as de de 4º B fixeron as súas propias ilustracións. Os compañeiros/as de sexto A e B fixeron a narración e con todo ese material elaborouse o video do conto que podedes ver máis abaixo. Nel tamén aparecen outros traballos que realizaron as demais clases. Hoxe reunímonos todos no salón de actos para o seu visionado. Despois do mesmo, cada neno/a para dar continuidade á iniciativa de Wangari, "plantou" unha árbore cunha mensaxe nun mural coa imaxe de Wangari colocado na entrada á biblioteca. Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe.

Paralelamente a esta actividade, os alumnos de sexto, xunto cos seus titores presentaron un novo vídeo de sensibilización, enmarcado no Proxecta. Buscaron imaxes nas que se reflexan os efectos das guerras no medio ambiente, pois case sempre á hora de facer balance das mesmas contabilízanse vítimas persoais, sendo o noso planeta a vítima olvidada. Aquí vos queda tamén o vídeo do seu traballo.

Powered by Drupal - Design by artinet