Entroido 2020

Durante varias semanas a actividade no cole foi frenética. Había que ter todo preparado para o gran día do desfile de entroido, este ano, o venres 21 de febreiro. Desde o cartel anunciando a celebración. pasando pola creación de disfraces e complementos, os bailes, a pancarta etc... Foron moitas as persoas que fixeron posible este día, persoal docente e non docente, familias, nenos e nenas, veciños e veciñas... Ata o día se puxo da nosa parte e acompañounos cun magnifico e brillante sol durante toda a xornada.

O proxecto deste ano "Salvemos o globo" foi o punto de partida á hora de pensar nos deseños dos disfraces dos diferentes cursos. Así, en Infantil dedidiron ser heroes e heroinas dispostos a salvar o Planeta como o Capitán Verdemán, o personaxe dese conto que tanto lles gustou aos nenos e nenas. En primeiro optaron polas enerxía renovables e o seus disfraces de muíños non pasaron desapercibidos. En 2º de primaria escolleron os colectores azul e amarelo para levar postos dun xeito moi orixinal con todos os detalles. En 3º quixeron poñerse na pel dun mundo enfermo e vestíronse como tal, con termómetro e vendaxes incluídas. En 4º escolleron os coches eléctricos como alternatva aos de combustibles para reducir a emisión de gases. Os nenos e nenas de 5º lucían coquetas pancartas deixando claro que o cole de Seixalbo aposta pola reciclaxe e xa os maiores de cole desprazáronse cara aos polos onde o desxeo xa é un feito e puxéronse na pel de osos e pingüíns ante semellante realidade. O resultado foi moi colorido e o desfile non deixou indiferente a ninguén. Xa na praza maior os diferentes cursos bailaron para o deleite de todo o público, que ademais este ano tiñan a súa disposición un posto de doces e receitas variadas do entroido co que podían colaborar para a excursión de final de curso dos rapaces e rapazas de 6º. Unha charanga acompañounos durante o desfile poñendo a nota alegre da xornada. Moitas grazas ás perosas que o fixeron posible!! Aquí vos quedan vídeos e fotos do entroido deste ano.

Powered by Drupal - Design by artinet