BENVIDOS O NOVO CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

 

Queremos darvos a benvida ao presente curso escolar 2020/2021, un curso que se presenta cheo de medos e incertezas.

O curso pasado rematou de forma abrupta o 12 de marzo. Tivemos que deixar moitas ideas aparcadas, anular boa parte da nosa programación, e perdemos contacto con moitas das nosas familias. Este curso, desafortunadamente, non se nos presenta moito mellor. A situación sanitaria fai que moitos dos nosos cometidos se vexan limitados ou directamente non teñan cabida tal e como se plantexaban ata agora. 

Como consecuencia, este curso vémonos na obriga de anular a oferta de extraescolares fóra do horario lectivo, debido ás dificultades que lles supón ás empresas proveedoras destes servizos a organización de actividades fóra das instalacións propias e ante a falta dun protocolo específico.

Sí mantemos o servizo de Madrugadores, con limitación de aforo e unhas normas máis estrictas, pero que consideramos fundamental por ser un servizo esencial para a conciliación de moitas familias.

Todas as comunicacións durante este curso terán que facerse fundamentalmente por vía telemática, ben por correo electrónico ou ben a través da páxina de Facebook. Tamén será posible a través do teléfono do centro, deixando a vosa consulta e un número de contacto para que vos chamemos de volta. Anúlase durante este curso o uso do buzón da anpa e o intercambio de papéis.

Ainda está por definir cómo se van a organizar as asambleas da asociación. Trataremos de facer asambleas presenciais na medida do posible, en espazo aberto e con confirmación de asistencia.

 

A pesar de todas estas dificultades, seguiremos traballando en iniciativas que supoñan unha mellora na calidade do ensino das nosas fillas e fillos, colaborando co centro e coas familias no que sexa preciso, presionando ás administracións para manter e mellorar os servizos do noso centro, e sumándonos a todas as iniciativas que esixan unha escola pública, gratuíta e segura para tod@s.

 

Esta nova etapa supón un reto e moitas dificultades para gran parte da nosa comunidade educativa, pero esperamos que se poida afrontar con forza e optimismo, e que superemos esta época tan complexa o antes posible.

 

Instruccións asociados curso 2020/2021

 

Enviar ficha de inscripción cumplimentada e xustificante de pago da cuota (15€) a ampaseixalbo@gmail.com. Conta bancaria en ABANCA: ES48 2080 0476 1930 4001 7235

 

É imprescindible indicar unha conta de correo electrónico válida, xa que será o medio de comunicación coas familias durante este curso.

AdxuntoTamaño
inscripción socios 20.21.pdf90.63 KB

Powered by Drupal - Design by artinet