Postais de cores universais

Chega o Nadal e dende a biblioteca seguimos a traballar no noso proxecto deste ano sobre as cores ("Alucinando cores"). Nesta ocasión para celebrar esta data centrámonos na discapacidade visual. A actividade plantexada xirará en torno aos libros "Cierra los ojos", "El libro negro de los colores" e "Oso" os cales abordan a discapacidade visual e a dificultade que iso conleva para poder apreciar as cores do mundo. Despois de ler e traballar os libros nas clases, elaboramos unhas tarxetas de nadal especiais, xa que tiñan que ser accesibles a persoas con discapacidade visual. Para levar a cabo o traballo contamos coa colaboración de Sandra que dende a Once ofreceunos libros, materiais e xogos que estiveron expostos na biblioteca para que os nenos os puidesen ver e lles fose máis doado realizar depois a súa tarxeta. Ao mesmo tempo, Sandra acompañounos polas aulas dando as explicacións necesarias para a realización das mesmas. Xa por último e para poder facer un traballo máis completo puxo a nosa disposición unha máquina Perkins para quen quixese escribir algunha mensaxe en Braille. Gracias Sandra pola túa colaboración.

Powered by Drupal - Design by artinet