LEOCLUB
LeoClub de 4º. Sesión de abril
Neste mes de abril, estamos ao comezo dunha nova aventura: "Charlie e a fábrica de chocolate".
Nesta nova sesión, tendo en conta que a lectura leva diferentes ritmos e a película xa foi vista por a maioría... estivemos a analizar que é mellor: Ler antes un libro que a película do mesmo ou ao revés?, se xa vimos a película, que cousas nos chaman a atención?, cando lemos un libro do que non vimo película ningunha estamos máis emocionados?, será igual a trama dun libro que a da película, que situación é mellor para deixar voar a imaxinación?, imaxinariamonos así aos protagonistas (fisicamente) se non os hobueramos visto na película?...
Ademáis démoslle voltas á idea de como pode ser unha fábrica de chocolate e o proceso de elaboración, que pasaría se nos tocase un dos billetes dourados de cinco; quen ten máis posibilidades de que lle toque un, a nena consentida ou Charlie? Por que?
Finalmente, tal e como fixeramos no anterior libro, analizamos as características máis destacadas de cada un dos personaxes, neste caso asociando os nomes, as caraterísticas e o aspecto físico.
Bo traballo equipo!!!
Esta doce aventura continúa!!!
LeoClub 2º e 3º. Sesión de abril
Lectura de cómics para a sesión de maio
Para a última sesión de maio queremos facer algo diferente polo que a proposta que vos lanzamos é a lectura meditada dos seguintes cómics. Nos dous casos están relacionados con animais, xa que é o noso proxecto deste ano.
Un deles con viñetas moi delicadas, tenras, e con detalles cheos de significados e outro recollido na revista Humor Gráfico Ambiental publicado por Amabul (programa de divulgación ambiental). Trátase dunha ferramenta de sensibilización arredor das problemáticas ambientais que asolagan a nosa comunidade. Gustaríanos que os nenos e nenas fixeran unha lectura crítica das imaxes (acordes ao seu nivel madurativo) acompañados dalgún adulto da casiña. Seguro que os maiores tamén os disfrutades. Animádesvos? Aquí volos deixamos.
LeoClub 4º. Sesión de marzo
Nesta nova xuntanza do LeoClub de 4º puxemos o foco no grao de imaxinación, creatividade e humor de PIPI e... como chegarían a "creala".
Pois coñecemos un chisco sobre a fonte de inspiración da súa autora ASTRID LINGRED.
E se nós tiveramos que inventar, crear e imaxinar unha historia...?, e se inventamos unha historia a través dun gran garabato feito con liñas curvas e rectas?, e se debuxamos meigas, coches, arcos da vella... e todo aquelo ao que nos leva a nosa imaxinación?..
Pois si... poden sair cousas moi dispares...
Unha vez máis... GRAN TRABALLO EQUIPO!!!
LeoCLub de 1º. Sesión de marzo
Libro que lemos para esta sesión |
Ingredientes necesarios para facer as mensaxes secretas. |
Esta será a nosa seguinte aventura! |
LeoClub 2º e 3º. Sesión de marzo
A nosa próxima aventura! |
LeoClub de 2º e 3º. Sesión de febreiro
Os superlectores de segundo e terceiro viñan emocionados co libro de Ledicia Costas, "Conexión macarrón". Case todos dixeron que lles gustara moito. Estivemos un ratiño falando del e despois realizamos unha actividade moi divertida que a todos lles encantou!
Fixemos un circuíto de papel para encenderlle os ollos a Expósito, tal e como contaba a historia que lle sucedera cando ía no ascensor con Espe e Rino.
LeoClub de 1º. Sesión de febreiro
Nesta sesión dos pequenos grandes lectores...
Todos traían superlido o libro....
Decisións en equipo |
E antes de marchar... Orelliñas de gato e foto co noso libro de hoxe!
LeoClub de 6º. Sesión de xaneiro
Na sesión de xaneiro os "Gardiáns do saber" que están a ler "La vuelta al mundo en 80 días" . realizaron unha actividade moi divertida e creativa. Entre todos tiñan que completar un debuxo partindo dunhas liñas iniciais que debuxaron decidindo se eran rectas ou curvas simulando a traxectoria dunha viaxe. A partir desas liñas realizaron diferentes debuxos segundo o que lle suxerían as liñas trazadas dialogando despois da utilidade ou non que podían ter para unha viaxe (un casco, unha estrada, un insecto? Oh , non! Poderiamos enfermar e retrasaría a nosa viaxe). Como sempre foi xenial! Nas seguintes fotos podedes ver o resultado.
LeoClub de 5º. Sesión de xaneiro
Na última semana de xaneiro xuntouse o club de lectura de quinto para falar sobre o libro que están a ler: "Escarlatina a cociñeira defunta" e facer un "Bingo Horrreur". Cando unha palabra saída ao azar coincidía coa do seu cartón, tíñana que explicar para poder dala por conseguida e validala.
E xa temos a seguinte lectura escollida....
LeoClub 2º e 3º: "A escola dos piratas"
Na xuntanza do mes de xaneiro propuxo as actividades unha pirata amiga de Marta a protagonista do noso libro de Agustín Fernández Paz
Primeiro, falamos uns minutiños sobre o libro, do que trataba, dos personaxes, de si nos gustou, etc...
E logo... puxémonos "mans á obra!" Primeiro, cunha imaxe do noso cole fixemos uns barquiños de papel (xa que na lectura, o cole de Marta comezaba a moverse ata chegar ao mar).
LeoClub 1º: "O rei medorento"
Unha nova aventura viviron os nenos e nenas do club de lectura de 1º da man dun rei moi pouco común, pois tiña moitos medos.
LeoClub 4º: decembro 2023
O pasado 20 de decembro os membros do leoclub de 4º volvemos a xuntarnos.
Sesión de cine!!
Os nenos e nenas do LeoClub de sexto estiveron a ler "Charlie e a fábrica de chocolate" no club de lectura e aproveitando que se estreaba película de Wonka e que comezaban as vacacións de Nadal o club de lectura convidou a todos os nenos e nenas a unha sesión de cine o mércores 20 ás seis e cuarto da tarde para ver "WONKA"!!!! Todos se apuntaron e pasamos unha tarde moi divertida. Aquí podedes ver fotos da xornada.
Reunión LeoClub 1º, 2º e 3º
O mércores 13 de decembro levouse a cabo unha nova reunión dos grupos de 1º, 2º e 3º. Ose nenos e nenas de 1º traían lido o libro "Un cocodrilo sin dientes", mentres que os nenos de 2º e 3º leron "Perro Apestoso, Feliz Navidad". Ao chegar a biblioteca cada grupo tiña qie dirixirse á mesa que considerasen que lles correspondía, atendendo aos elementos que había nelas: unha dentadura xigante nunha e un can de peluche cunha bolsa do lixo ao lado noutra. Para cada grupo houbo diferentes actividades como debuxar diferentes cans ou inventar unha máquina sacadentes. Por suposto tamén falaron do argumento dos dous libros e de se fora ou non do seu agrado. Foi unha xornada moi divertida.
Visítanos Loli Bolechas
A secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a oportunidade de que os Bolechas se achegasen a nosa biblioteca para falarnos das familais monoparentais. Así pois, invitamos a todos os nenos do club de lectura que quixesen a participar desta actividade xunto coas súas familias. Unha vez rematada a sesión do LeoClub de sexto tivo lugar a actividade que foi moi dinámica e divertida. Un conserxe moi simpático púxonos un vídeo no que os Bolechas nos explicaban os tipos de familias facendo máis fincapé nas monoparentais. Logo presentouno a Loli Bolechas coa que falamos un anaquiño. Tamén cantamos unha canción e fixemos un xogo de preguntas. Ao remate da actividade todos os nenos e nenas levaron de agasallo o conto e o caderno de actividades sobre familias monoparentais. Pasámolo xenial!!
Unha xuntanza moi doce
A xuntanza do LeoClub de sexto do 29 de novembro foi do máis saborosa!! Xa remataron o libro de Charlie e a fábrica de chocolate, polo que estiveron a falar sobre el e realizaron un xogo de preguntas e medida que as respondían correctamente conseguían moedas douradas que ían colocando enriba dun taboleiro de xogo con forma de tableta de chocolate. Con todas as respostas correctas todos gañaron unha tableta de chocolate con sorpresa no seu interior: un billete dourado para ir ao cine a ver a película de Wonka que está a piques de estrearse!!!! A sorpresa foi maiúscula! Que ilusión máis grande! Foi unha sesión inesquecible! Aquí podedes ver fotos da xuntanza.
Nova sesión do LeoClub de 1º, 2º e 3º
Arranca o LeoClub de 6º 23/24
LeoClub de 5º 23/24
O mércores 18 de outubro tivo lugar na biblioteca a reunión do club de lectura dos nenos e nenas de 5º. Estiveron decidindo por que lectura empezarían primeiro de todas as propostas que había enriba da mesa. A decisión foi unánime e todos se animaron a ler "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas. Quizais porque está cerquiña a celebración do samaín ou porque os compañeiros do club de lectura do curso pasado a leron e lles encantou. Quen sabe!! A cuestión é que están moi animados a correr moitas aventuras da man de Escarlatina.
Comezamos o LeoClub 23/24
Co comezo do mes de outubro comeza a funcionar o noso LeoClub. Todos os mércores reunións! Este ano como novidade quixemos darlle a oportunidade aos máis pequenos de primaria de formar parte do club e temos un grupiño de nenos e nenas de primeiro e segundo que se animaron a probar esta aventura. Este grupo xunto cos de 3º foi o primeiro en inaugurar este novo curso e o 4 de outubro comezaron as aventuras. Foi divertidísimo e pasámolo todos en grande cos xogos e misterios que nos agardaban...
A sesión foi do máis divertida desciframos mensaxes que nos levaban a outras escondidas polo cole ata chegar ao final onde estaban os libros e Leo dándonos a benvida. Desta vez cada quen levou un libro ao seu gusto para lelo na casiña. A continuación fotos e vídeo da xuntanza.
Derradeira sesión do LeoClub de quinto deste curso 22-23
Hoxe tocaba rematar o Club de Lectura de 5º. O libro que tiñan entre mans era o de "Vampira de biblioteca" que moitos xa remataron e outros fáltalles pouquiño. Como actividade final fixemos un pequeniño proxecto con Scratch e a Makey-Makey. Fixemos interactiva unha foto da nosa biblioteca onde estaba Eleonora e os seus amigos Xa e Mon e mais Leo . Inventamos os diálogos que podían estar diciendo entre eles de tal xeito que ao tocarlles se podían escoitar. Mellor védelo nestes minutiños de vídeo.
Imaxe que fixemos interactiva cos personaxes do libro "Vampira de biblioteca" e Leo |