Entroido
Entroido 2024
Xirafas de 4º de Infantil. |
Osos panda vermellos de 5º de Educación Infantil. |
Linces Ibéricos de 6º de Infantil. |
Peixes Pallaso de 1º de Primaria. |
Abellas e apicultores, 3º de Primaria. |
ENTROIDO 2023
Pouco a pouco o entroido foi chegando e ao longo de toda a semana moitas actividades se levaron a cabo no noso cole. Un ano máis o noso meco fixo acto de presenza coas súas mandas, desta vez vestido de turista xa que el tamén debeu andar de viaxe polo mundo como a nosa mascota da biblioteca a que lle estamos axudando a recuperar a memoria investigando sobre os diferentes países nos que estivo.
Tamén recibimos a visita dalgunhas das figuras do entroido da provincia de Ourense coma o boteiro de Viana ou os galos da Mezquita.
ÁLBUM DE FOTOS DOS DISFRACES DO ENTROIDO 2023
Entroido 2020
Durante varias semanas a actividade no cole foi frenética. Había que ter todo preparado para o gran día do desfile de entroido, este ano, o venres 21 de febreiro. Desde o cartel anunciando a celebración. pasando pola creación de disfraces e complementos, os bailes, a pancarta etc... Foron moitas as persoas que fixeron posible este día, persoal docente e non docente, familias, nenos e nenas, veciños e veciñas... Ata o día se puxo da nosa parte e acompañounos cun magnifico e brillante sol durante toda a xornada.
O proxecto deste ano "Salvemos o globo" foi o punto de partida á hora de pensar nos deseños dos disfraces dos diferentes cursos. Así, en Infantil dedidiron ser heroes e heroinas dispostos a salvar o Planeta como o Capitán Verdemán, o personaxe dese conto que tanto lles gustou aos nenos e nenas. En primeiro optaron polas enerxía renovables e o seus disfraces de muíños non pasaron desapercibidos. En 2º de primaria escolleron os colectores azul e amarelo para levar postos dun xeito moi orixinal con todos os detalles. En 3º quixeron poñerse na pel dun mundo enfermo e vestíronse como tal, con termómetro e vendaxes incluídas. En 4º escolleron os coches eléctricos como alternatva aos de combustibles para reducir a emisión de gases. Os nenos e nenas de 5º lucían coquetas pancartas deixando claro que o cole de Seixalbo aposta pola reciclaxe e xa os maiores de cole desprazáronse cara aos polos onde o desxeo xa é un feito e puxéronse na pel de osos e pingüíns ante semellante realidade. O resultado foi moi colorido e o desfile non deixou indiferente a ninguén. Xa na praza maior os diferentes cursos bailaron para o deleite de todo o público, que ademais este ano tiñan a súa disposición un posto de doces e receitas variadas do entroido co que podían colaborar para a excursión de final de curso dos rapaces e rapazas de 6º. Unha charanga acompañounos durante o desfile poñendo a nota alegre da xornada. Moitas grazas ás perosas que o fixeron posible!! Aquí vos quedan vídeos e fotos do entroido deste ano.
Preparando o Entroido 2020
Só queda unha semana para que saiamos lucir polo pobo os deseños dos nosos disfraces deste ano. O tema escollido está relacionado co coidado do medio ambiente. Non podía ser doutra forma, pois enmárcase dentro do noso proxecto "Salvemos o globo", así como no PROXECTA "Escolas verdes". Aquí vos deixamos o cartel anunciador do desfile con toda a información.
ÉXITO TOTAL DO ENTROIDO
O venres 1 de marzo celebramos como estaba previsto o desfile polo pobo de Seixalbo. Saímos ás once e fixemos o percorrido polas rúas recibindo o agarimo e aplauso do público. Xa na praza, presidida pola presenza no balcón de Paquita e Nicanor, realizamos as coreografías que preparamos durante estes días. Este ano acompañounos Vicentiño despois de estar todo o curso connosco e conseguir graduarse e que será entregado o martes de entroido a outro veciño ou veciña do pobo. Foi unha xornada moi divertida que encheu as rúas de música, cor e alegría. Aquí vos quedan vídeos e fotos de todo o acontecido.
Preparando o Entroido 2019
Levamos uns días preparando os disfraces que luciremos o vindeiro venres un de marzo no desfile de entroido que faremos polo pobo de Seixalbo. Aquí vos deixamos o cartel con toda a información. Agardámosvos a todos!
ENTROIDO 2018
O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!