"Salvemos o globo" Curso 2019/2020

O noso proxecto na revista EDUGA

Compartimos con toda a comunidade educativa a publicación na Revista Galega do ensino (EDUGA) dunha reportaxe adicada ao proxecto do noso centro "En tratos co lixo" coordinado pola nosa compañeira Elia María Salve Areal. Este recoñecemneto ao traballo e esforzo realizados é para nós motivo de orgullo e supón unha motivación máis para continuar o camiño iniciado.

 

Incubamos ovos

Durante o mes de marzo o equipo de E. Infantil levou a cabo unha actividade coa Asociación AVIMOS coa que nos puxo en contacto a mamá de Aldara e Xián grazas ao labor que desempeña no Centro de recursos zooxenético de Galicia. Ante o bo acollemento que tivo decidiron extendela ao resto do alumnado de Primaria que poideron gozar en maior ou menos medida do proceso de incubación dos ovos prestados ao centro pola Asociación AVIMOS. 

 

Día da auga e da árbore

Hoxe 22 de marzo celébrase o Día Mundial da auga, un ben natural esencial para a vida e que non sempre valoramos. Nestes días que estamos a vivir somos máis conscientes da súa importancia pois continuamente nos recordan a necesidade de lavar ben as mans con auga e xabón como medida preventiva contra o coronavirus. Ademáis, onte 21 de marzo coincidindo coa chegada da primavera celebrouse  o Día da Árbore, para recordarnos a importancia de protexelas e coidalas. Dende o CEIP de Seixalbo non podiamos pasar por alto estas datas  ligadas ao noso proxecto de centro "Salvemos o globo". Así pois deixámosvos algunha proposta para que compartades en familia. 

Entroido 2020

Durante varias semanas a actividade no cole foi frenética. Había que ter todo preparado para o gran día do desfile de entroido, este ano, o venres 21 de febreiro. Desde o cartel anunciando a celebración. pasando pola creación de disfraces e complementos, os bailes, a pancarta etc... Foron moitas as persoas que fixeron posible este día, persoal docente e non docente, familias, nenos e nenas, veciños e veciñas... Ata o día se puxo da nosa parte e acompañounos cun magnifico e brillante sol durante toda a xornada.

O proxecto deste ano "Salvemos o globo" foi o punto de partida á hora de pensar nos deseños dos disfraces dos diferentes cursos. Así, en Infantil dedidiron ser heroes e heroinas dispostos a salvar o Planeta como o Capitán Verdemán, o personaxe dese conto que tanto lles gustou aos nenos e nenas. En primeiro optaron polas enerxía renovables e o seus disfraces de muíños non pasaron desapercibidos. En 2º de primaria escolleron os colectores azul e amarelo para levar postos dun xeito moi orixinal con todos os detalles. En 3º quixeron poñerse na pel dun mundo enfermo e vestíronse como tal, con termómetro e vendaxes incluídas. En 4º escolleron os coches eléctricos como alternatva aos de combustibles para reducir a emisión de gases. Os nenos e nenas de 5º lucían coquetas pancartas deixando claro que o cole de Seixalbo aposta pola reciclaxe e xa os maiores de cole desprazáronse cara aos polos onde o desxeo xa é un feito e puxéronse na pel de osos e pingüíns ante semellante realidade. O resultado foi moi colorido e o desfile non deixou indiferente a ninguén. Xa na praza maior os diferentes cursos bailaron para o deleite de todo o público, que ademais este ano tiñan a súa disposición un posto de doces e receitas variadas do entroido co que podían colaborar para a excursión de final de curso dos rapaces e rapazas de 6º. Unha charanga acompañounos durante o desfile poñendo a nota alegre da xornada. Moitas grazas ás perosas que o fixeron posible!! Aquí vos quedan vídeos e fotos do entroido deste ano.

Xogo de clasificación de lixo

Durante varias semanas, todos os alumnos do cole realizaron unha interesante actividade enmarcada dentro do Proxecta "En tratos co lixo". Despois dunha breve explicación de presentación dos diferentes colectores e do que se deposita en cada un deles, realizaron un entretido xogo para ver se eran quen de clasificar correctamente os diferentes residuos que xeramos diariamente. Aínda que parece sinxelo déronse conta de que todos cometemos agún erro á hora de facelo e de que temos que tomar consciencia diso para mellorar os nosos comportamentos medioambientais. Aquí vos queda o vídeo da actividade.

Día da Paz 2020

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e non violencia cunha homenaxe a persoa de Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004, pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a Paz, fundando o Movemento "Cinturón Verde". Duante estas semanas profundizamos na súa historia lendo ou vendo o conto "Wangari e as árbores da Paz". A partir dese conto, os nenos e nenas de 2º A e B e os/as de de 4º B fixeron as súas propias ilustracións. Os compañeiros/as de sexto A e B fixeron a narración e con todo ese material elaborouse o video do conto que podedes ver máis abaixo. Nel tamén aparecen outros traballos que realizaron as demais clases. Hoxe reunímonos todos no salón de actos para o seu visionado. Despois do mesmo, cada neno/a para dar continuidade á iniciativa de Wangari, "plantou" unha árbore cunha mensaxe nun mural coa imaxe de Wangari colocado na entrada á biblioteca. Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe.

Paralelamente a esta actividade, os alumnos de sexto, xunto cos seus titores presentaron un novo vídeo de sensibilización, enmarcado no Proxecta. Buscaron imaxes nas que se reflexan os efectos das guerras no medio ambiente, pois case sempre á hora de facer balance das mesmas contabilízanse vítimas persoais, sendo o noso planeta a vítima olvidada. Aquí vos queda tamén o vídeo do seu traballo.

Unha merenda que mola

Reducir o uso de plásticos non é tan difícil e todos podemos aportar o noso gran de area. Por iso os alumnos de 4º A e 4º B lánzannos esta mensaxe tan clara e directa para que eliminemos os plásticos das merendas que traemos ao cole e os substituamos por outros envases de máis dun uso. Prestade moita atención ao vídeo e o máis importante...

TOMADE NOTA!!

"Charla coas especialistas" Campaña de sensibilización Proxecta, "En tratos co lixo"

"Charla coas especialistas" é o título dunha das actividades de sensibilización que se están a realizar no centro para que todos sexamos conscientes da importancia que ten a reducción de lixo, así como a súa correcta reciclaxe para contribuír coas nosas pequenas accións a "Salvar o globo". "As especialistas" son as persoas que se encargan cada día da limpeza do noso cole, e as que mellor saben dos nosos comportamentos en relación ao lixo. Por ise motivo planificamos un encontro con elas, para que nos disen respostas ás diferentes preguntas que se lle plantexaron dende cada un dos cursos. A súa cercanía e amabilidade xunto coas respostas que nos diron conseguiron que nos fixésemos unha idea do que temos que mellorar, así como poñer en valor o labor que realizan. Grazas a Mary, Alejandra, Loli e Marcia por prestarvos a colaborar con nós. O vídeo que vedes a continuación foi o que serviu como presentación da actividade.

Campaña de sensibilización, Proxecta: "En tratos co lixo"

Durante estes días estanse levando a cabo no cole diferentes actividades de sensibilización sobre as actuacións humanas e as súas consecuencias no planeta. Unha desas actividades levárona acabo os alumnos de sexto que realizaron unha busca e recollida de imaxes na web que reflectisen por un lado paisaxes non contaminadas, e por outro lado  todo o contrario, paisaxes contaminadas debido á acción humana. Esa recollida de imaxes tiña como obxectivo a sensibilización e búsqueda de reflexións

Celebramos o Samaín pensando no planeta

Este ano celebramos a tradicional festa de samaín dun modo diferente. Fixemos tamén unha exposición, pero desta vez sen cabazas, senón con monstros que nós mesmos realizamos con materiais de refugallo xunto coas nosas familias. Foi moi orixinal e gustou a todo o mundo. Un bo traballo realizado entre todos e todas. Agradecer especialmente ás familias a súa implicación, clave para levar a cabo esta exposición que resultou ser un éxito. aquí podedes ver os vídeos.

DÍA DA BIBLIOTECA

O xoves 24 de outubro de 2019, celebramos un ano máis o Día da Biblioteca. Reunímonos no salón de actos e desfrutamos dunha dobraxe que fixeron os compañeiros de sexto dun corto titulado "Unha princesa en apuros" que pretende facernos reflexionar sobre o cambio climático que estamos a padecer, xa que este ano o noso proxecto leva por título "Salvemos o globo". Despois de ensaiar uns cantos recreos conseguiron facer un bo papel que todos aplaudimos. Remataron a súa actuación pedindo a colaboración de todos para acabar con monstro do cambio climático. Para iso cada cada neno/a escribirá unha acción que contribúa a acabar co cambio climático nunha estrela que se pegará na vindeira semana no mural da biblioteca. Aquí podedes ver o vídeo da actividade que rematou cantando o noso himno da biblioteca. Tamén podedes ollar o vídeo orixinal do que fixeron a dobraxe, e tamén as novidades deste mes de outubro!!

Charla-obradoiro "Enerxías renovables e biodiesel"

Este martes 15 de outubro tivemos a oportunidade de asistir a unha charla sobre enerxías renovables e biodiesel impartida polo mestre Rubén Garrido do IES Cidade de Antioquía. Falounos de moitas cousas interesantes relacionadas coas renerxías renovables, a contaminación, como se pode facer biodiesel e fíxonos algúns experimentos coa auga e o aceite. Tamén foi quen de facer maxia trasvasando unha botella chea de auga noutra chea de aceite. A que parece incrible? Pois mirade o vídeo e veredes como o fixo! Grazas Rubén pola sesión tan amena e interesante que nos ofreciches!

Powered by Drupal - Design by artinet