Cursos anteriores

DÍA DO LIBRO - Apradiñamento lector

Coma ven sendo costume, o pasado xoves celebramos o día do libro cunha das actividades máis fermosas.

 

No apadriñamento lector, coma o seu nome indica, os nenos e nenas maiores "apadriñan" aos pequenos para contarlles un conto. O centro respira calma e tranquilidade nunha actividade que recorda a importancia dos libros e reforza o traballo en común de todos os nosos alumnos.

 

Clicade na imaxe para ver o video

ENTROIDO 2016

O pasado venres día 5 de febreiro festexamos no noso centro o Entroido.

 

Todas as clases participaron nun desfile onde o tema principal foi "A Coruña", podedes ver os dous videos a continuación.

Os nenos e nenas de infantil disfrazáronse dos "señores e señoras" dos nosos barrios...

 

En primaria tivemos de todo: Peixes e animais marinos, pintores coruñeses, siareiros do Deportivo e do Basquet Coruña, pescadores e pescadoras, mariñeiros e mariñeiras...

 

En fin, que pasámolo moi ben todos xuntos!

E POR SUPOSTO MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, ESAS ORELLAS, ROSQUILLAS, FILLOAS ... DISFRUTÁMOLAS MOITÍSIMO!

NADAL 2015

Queremos mostrarvos algunhas das actividades realizadas neste fin de primeiro trimestre.

O mural do noso proxecto " Bibliomistos pola Coruña" realizado coa coloboración de todo o alumnado.

 

Un obradoiro de Reciclaxogo relacionado co proxecto de Xogos populares.

 

Adornamos as portas das aulas, corredoiros...con motivos navideños.

 

 

 

Montamos un belén no vestíbulo do colexio

 

 

Agora merecémonos un descanso, gozar coa lectura, pasear e divertirnos moito.

Felices festas para todos

EDUCA SAÚDE

Julián e Nuria estiveron coa rapazada de terceiro e explicáronnos moi ben cales son os alimentos saudables e cales podemos comer algunha vez pero non todos os días.

 

Aprendimos os perigos para a saúde que provoca o tabaco.

TALLERES DE TV (6º Primaria)

Se premedes na imaxe veredes a actividade que realizamos cos nen@s de 6º curso na asociación de prensa da Coruña.

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º Y 2º (2015)

Os nenos e nenas de primeiro e segundo disfrutamos o pasado día 18 de xuño dunha fabulosa xornada na casa rural de Alvarella.

Realizamos varias actividades nas que a natureza e o medio ambiente foron tamén os protagonistas. 

(premede na imaxe para ver o video)

Campionato de brilé

Ao longo do curso o noso alumnado participou en varias actividades deportivas: o día do peón, xogos populares, campo a través, exhibición de acrosport...

Para rematar o curso o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participaron nun campionato de brilé. Foi unha xornada festiva de xogo en equipo.

  

 

Seguide xogando durante o verán e o próximo curso faremos moitas cousas mais. 

Pablo Picasso na Coruña

Fai 125 anos na rúa Real organizouse unha exposición na que o adolescente Pablo Picasso mostra a súa obra realizada na nosa cidade.

O alumnado de sexto quixemos coñecelo e visitamos a exposición do Museo de Belas Artes na que descubrimos un xenio.

 Agora seguiremos traballando coa súa obra no colexio.

MUSEO BELAS ARTES segundos

OS NENOS E NENAS DO SEGUNDO CURSO VISITARON A SEMANA PASADA O MUSEO DE BELAS ARTES.

 

DISFRUTARON DA EXPOSICIÓN "O PRIMEIRO PICASSO" E DOUTROS CADROS QUE PUIDERON REPRESENTAR NOS OBRADOIROS PROGRAMADOS.

 

PINCHADE NA IMAXE PARA VER O VIDEO

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE