Cursos anteriores

Visita á Cerámica do Castro de Sada

                   VISITA AO CASTRO DE SARGADELOS DE SADA

 

 

            Esta visita fixémola cos nosos compañeiros de 5º B. Ao chegar leváronnos   a visitar a fábrica e explicáronnos todo o proceso de fabricación. Máis tarde fomos a un taller moi grande onde fixemos unha cunca de barro e despois pintámola con cores moi vivas. Quedounos bárbaro!. Antes de marchar pasamos polo museo que teñen na mesma fábrica e algúns mercaron algún recordo.

 


 

 

VISITAMOS O MACUF

             Foi unha visita que nos axudou a interpretar obras de arte moderna. Foi impactante pola expresividade, a luz, a creatividade,... En fin, que rompeu cos nosos esquemas.

 

2º TALLER DE EDUCASAÚDE

Hoxe tivemos o 2º taller de Educasaúde.

Foi moi interesante e faláronnos de varios temas. Primeiro trataron das habilidades sociais e mais tarde explicáronnos como podemos facer para reciclar mellor.

CERÁMICAS DO CASTRO

Hoxe fichemos unha visita moi, moi, interesante. Visitamos a fábrica de Cerámicas do Castro.

Mostráronnos, nun vídeo, a historia desta cerámica e tamén ensináronnos como fan as pezas, como as cocen e como as pintan. Mais tarde poidemos visitar a fábrica e vimos como estaban a traballar. Pero o mais interesante foi que cada un de nos, poidemos facer unha cunca. Logo de facela a pintamos, eles van a cocela e dentro de quince días poderemos levalas para a nosa casa. Estamos desexando telas.

VISITA O PORTO DA CORUÑA

Os alumnos e alumnas de terceiro fixemos unha saída moi interesante ao noso porto.

Ensináronnos: o peirao de trasatlánticos;o Calvo Sotelo, onde fan as descargas de cereais, ferros, carbón...; a lonxa, aquí vimos como preparaban o peixe para levalo as cidades que non teñen lonxa; o peirao de Oza onde vimos os barcos pesqueiros, as redes, o varadero...

Aprendimos moito e pasámolo moi ben.

Visita ao parque de bombeiros

Hoxe foi un día especial. Visitamos o Parque de bombeiros. Ensináronnos as súas instalacións, os coches, os traxes, que cascos mais chulos. Foron moi amables e pasámolo moi ben. Volveremos.

 

CHRISTMAS

Children make Christmas decorations and decorate the class.

XA CHEGOU O NADAL

Xa estamos en tempo de Nadal.

O mércores puxémonos moi nerviosos porque tivemos unha visita moi especial.

Véunos ver "O CARTEIRO REAL".

  

"O CARTEIRO REAL" e o seu paxe levaron as nosas cartas para os Reis Magos, aos que esperamos con impaciencia e moita ilusión.

 

CLASE PRÁCTICA DE COÑECEMENTO

 

CLASE PRÁCTICA DE COÑECEMENTO

 

Os alumnos de 5º , completaron a súa aprendizaxe teórica, levando a cabo na aula, unha clase práctica sobre algúns dos aparatos que interveñen nunha das tres funcións vitais que realiza todo ser vivo a de nutrición:

 Aparato Dixestivo

Aparato Respiratorio

Aparato Circulatorio

Poideron ver,e introducir o seu dedo, para inspeccionar o esófago coa válvula cardiaca,a tráquea, ese músculo oco que é o corazón e a arteria aorta, a lingua e as papilas gustativas, o fígado coa súa vesícula biliar, etc.

 

Tamén tiveron a oportunidade de ver o "ovo fritido"-humor vítreo, a esclerótica, a córnea, o nervio óptico...

O MAGOSTO

O venres foi un día de festa no colexio. Todo o traballo do día estaba relacionado co "Magosto": as lecturas , os debuxos...

Aprendimos un conxuro para recitar no momento da "Queima dos medos".

As nais da AMPA asaron as castañas e invitaron a todos os nenos e nenas a zume e a auga.

No remate da festa queimamos todos os medos mentres recitabamos:

CONXURO DA QUEIMA DOS MEDOS

TERRA, AIRE, AUGA,LUME

QUEIMA ESTES MEDOS

FAI MOITA FUME

TERRA, AIRE, AUGA,LUME

QUEIMA ESTES MEDOS

FAI MOITA FUME

 

FÓRA,FÓRA,FÓRA

OS NENOS SON LIBRES DE MEDOS AGORA

FÓRA,FÓRA,FÓRA

OS NENOS SON LIBRES DE MEDOS AGORA

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE