Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Normalización e Dinamización Lingüística

VII Concurso: "O latexo das verbas"

Xa empezou o concurso de"O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 14 de abril.

Proxecto de fomento do galego para o curso 2011/ 12

Fai uns días presentamos o Proxecto de fomento do galego para este curso 2011/ 12, proxecto que ten os obxectivos seguintes:

Pola vila de Cambados: coñecemos as árbores do bosque de Fefiñáns

20/05/2011 12:00
20/05/2011 13:45
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º, acompañado dos seus titores e baixo a inestimable guía de Manuel Núñez poderán coñecer de preto a gran variedade de árbores cos que contamos na vila de Cambados, en concreto no bosque do pazo de Fefiñáns.

Viaxe a Salceda

20/05/2011 00:00
20/05/2011 13:10
Europe/Madrid

O nosos nenos/as de 2ºB e 5ºA vanse a coñecer aos seus compañeiros do colexio de Salceda cos que estiveron intercambiando correspondencia ao longo do ano. Toda unha experiencia!

Pola Vila de Cambados: Visita á Goleta Raquel

10/05/2011 09:27
10/05/2011 13:27
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º visitou a Goleta Raquel situada no porto de Tragove.

Ofrenda Floral e Recital poético na Calzada

13/05/2011 12:00
13/05/2011 13:35
Etc/GMT+1

Con motivo da celebración das Letras Galegas, que este ano se adican ao escritor Lois Pereiro, o alumnado e o profesorado do centro participará o venres, día 13, ás 12 da mañá, na Ofrenda Floral e recitado de poemas, diante da estatua a Cabanillas xunto con alumnado e profesorado dos demais centros do Concello.

Teatro no Auditorio "O peor inimigo"

11/05/2011 18:00
11/05/2011 19:00
Europe/Madrid

Invitámosvos a acompañarnos o mércores, día 11, ás 6 da tarde no Auditorio "A Xuventude" na posta en escea da obra "O peor inimigo" representado polo alumnado do CEP Antonio Magariños Pastoriza, do grupo de teatro "Taller de expresión". Trátase dunha adaptación dun conto de Jorge Bucay que nos ensina a ir coñecendonos e aprendendo das persoas que nos rodean.

 

Pola vila de Cambados: Saída á ribeira coas redeiras e mariscadoras

04/05/2011 10:30
04/05/2011 13:50
Europe/Madrid

O alumnado de 3º sairá da man das redeiras e mariscadoras, acompañados dos seus titores, para ver de perto o traballo destas traballadoras da nosa vila, dentro do programa ofertado por Educamar, que lle permite ao alumnado coñecer e valorar a riqueza do noso contorno e a necesidade do seu coidado. 

Festa dos maios

29/04/2011 13:30
29/04/2011 14:00
Etc/GMT+1

O alumnado do centro está preparándose para a celebración dos maios o vindeiro día 29. Xa están moi bonitos os ovos de cores que adornarán o maio. Á volta da Semana Santa os nenos e nenas traerán fiuncho, xestas, e pampullos para faceren colares e participar arredor do maio escoitando a copla que este ano está a preparar o alumnado de sexto. Para rematar pasearemos o maio polo patio e logo volveremos á clase.

Pola vila de Cambados: A Biblioteca Municipal

26/04/2011 00:55
26/04/2011 10:55
Etc/GMT+1

O martes día 26, o alumnado de 5ºB fará un pequeno percorrido pola vila de Cambados, para coñecer a Biblioteca Municipal, ubicada na restaurada Casa dos Fraga.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut