O león Leocadio

 
Título O león Leocadio
 Este mes de xuño empezámolo fenomenal porque o día 1 disfrutamos dun contacontos na escola.
 Debuxos do alumnado A historia titulábase "O león Leocadio" e trataba dun león, Leocadio, que como estaba tan aburrido na súa casa saíu a facer deporte.
Primeiro foi correr, despois montou na bici, logo nadou co seu amigo o crocodilo e ao cabo dun rato quedou durmido mentres os seus pais chamaban por el:
-Leocadio, Leocadio, Leocadioooo!
Querían que voltara a súa casa e que fose buscar algún amigo.
Leocadio foi onda eles e atopouse cun elefante do que se faría moi bo amigo e vivirían aventuras moi divertidas.
 Debuxos do alumnado de 2º