Curso 2009-10

O león Leocadio

 
Título O león Leocadio
 Este mes de xuño empezámolo fenomenal porque o día 1 disfrutamos dun contacontos na escola.
 Debuxos do alumnado A historia titulábase "O león Leocadio" e trataba dun león, Leocadio, que como estaba tan aburrido na súa casa saíu a facer deporte.
Primeiro foi correr, despois montou na bici, logo nadou co seu amigo o crocodilo e ao cabo dun rato quedou durmido mentres os seus pais chamaban por el:
-Leocadio, Leocadio, Leocadioooo!
Querían que voltara a súa casa e que fose buscar algún amigo.
Leocadio foi onda eles e atopouse cun elefante do que se faría moi bo amigo e vivirían aventuras moi divertidas.
 Debuxos do alumnado de 2º

ATTITUDES

O venres 21 de maio os rapaces e rapazas de 1º e 2º fomos a participar no PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL "ATTITUDES", creado por Audi para colaborar na educación vial e ambiental.

 Gif fotos visita
 Gif fotos visita

O obxectivo principal é incidir na adquisición e formación de actitudes actuando no espacio público de acordo co que sexa mellor para todos e non so buscando o beneficio propio.

Pasámolo fenomenal e recibimos varios agasallos.

Agardamos poder repetilo o próximo curso. 

 

 

 

 

 

Poderás ver máis fotos se accedes á galería dende AQUÍ

Teatro 2º ciclo

 
Título e cartel
O alumnado do segundo ciclo asistiu no Centro Cultural Caixanova a esta representación tan fermosa.
Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ
  Debuxos alumnado 3º
 “Os pais de Xan acaban de darlle unha triste nova: vanse separar. Xan non o entende e escapa.
A partir dese momento, o neno inicia unha “viaxe” na que vai coñecendo diferentes personaxes que lle axudarán a separación dos seus pais.


 “El niño colchón” é un espectáculo que fala dun dos maiores medos aos que se enfrentan moitos nenos hoxe en día: o medo á separación dos seus pais.
O espectáculo emocionante cun tema de candente actualidade, salpicado de momentos de humor e cancións en directo, onde se pretende dar a entender a importancia da boa comunicación; peza clave para establecer unha relación baseada no amor e o respecto mutuo.
 Debuxos alumnado 3º
Distribuir contido