3º e 4º

A contorna en inverno

 

 

Esta vez foi o alumnado de 3º o que, da man de Eva F. Deza,

levou a cabo a andaina dende o colexio ata a Carballeira da

Guía para estudar e coñecer a nosa contorna en inverno.

 Equipados cos cadernos de campo que nos trouxo Eva,

fixemos a primeira parada dentro do noso patio para

observar o que, segundo nos dixo ela,

é o mellor acivro de Teis.

Estudamos a forma das súas follas e cunha lupa

especial observamos con detemento os seus froitos

vermellos que por certo saen no inverno.

O percorrido ata a carballeira foi moi interesante. Fixemos paradas sempre que Eva tiña algo interesante

que ensinarnos e nós, moi atentos, escoitabamos e iamos anotando no noso caderno todo

o que considerabamos importante.

Moitas grazas Eva por compartir connosco o teu tempo e os teus coñecementos.

Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS

Visita a biblioteca Neira Vilas

O pasado xoves o alumando do 2º ciclo visitamos a biblioteca pública “Xosé Neira Vilas”. Alí unha bibliotecaria ensinounos como era o funcionamento dunha biblioteca. Aprendemos sobre:

*O préstamo de libros

*Os diferentes espazos que hai: zona de prensa, multimedia, literatura, zona do coñecemento...  

*Como rexistrar un libro: en función do título, autor, e a partir de aí, póñense etiquetas de cores para clasificalos por temáticas.

 Despois Xián e Nerea fixeron o papel de bibliotecarios intentando atopar libros.  
  Ademais, tivemos a sorte de poder xogar a un “Pasapalabra” moi especial no que, para conmemorar O ano da ciencia, tiñamos que ir descubrindo nomes de inventos e inventores da nosa historia. 

 

Para rematar a visita construímos unha pipa coa que o pasamos “pipa” e na que soprando por unha palliña tiñamos que manter no aire unha boliña.

 Con todo o que aprendemos nesta biblioteca xa non haberá libro que se nos resista!!

Naturnova


O 20 de novembro, o alumnado de 3º e 4º visitamos NATURNOVA, un centro interactivo de educación medioambiental, no que realizamos diversas actividades encamiñadas a coñecer e coidar o noso planeta.

Tras a primeira explicación, entramos no submarino para facer unha viaxe virtual polo fondo da ría.

QUE GUAPOS COAS GAFAS 3D!!!

  

Na sala do Universo observamos o Sistema Solar, xogamos cos planetas, descubrimos curiosidades sobre as estrelas e outros astros e realizamos actividades coas que aprendemos cousas novas.

Nas seguintes salas, a través de xogos interactivos, puidemos coñecer un pouco mellor o noso planeta e os elementos que o constitúen.

 Tamén tivemos a oportunidade de experimentar con algúns dos aspectos negativos que o home exerce  sobre o planeta e concienciarnos de que debemos evitar os distintos tipos de contaminación.

RESULTOU UNHA VISITA MOI INTERESANTE

Enlace á Galería de fotos

Distribuir contido