Curso 2014-15

Imos sementar

Este curso tocoulle ao alumnado de 3º participar na actividade Imos sementar. Un proxecto de colaboración co Centro de Día Atalaia que comezou xa fai tres cursos e que cada ano deixa no alumnado unha experiencia moi gratificante.

Nunha primeira fase os maiores viñeron ao noso colexio para sementar leitugas e logo, alá pola primavera, seremos nós os que os visitaremos no seu centro para plantar esas leitugas na horta.

Para rematar, pensamos que sería boa idea poñerlles un pequeno invernadoiro para protexelos do frío e dos paxaros.

Agora é a nosa responsabilidade coidar os viveiros para que crezan as leitugas e poder trasplantalas á horta na primavera.

Grazas a Pilar, María, Luisa, Victoria e Carmiña por compartir connoscos os seus saberes.

Máis imaxes na Galería de fotos e no blog do Centro de Día Atalaia.

GALERÍA DE FOTOS

BLOG CENTRO DE DÍA

 

O sabor da aventura está no MAR

 O noso centro está a participar no programa "O sabor da aventura está no mar", promovido pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar entre os escolares de Educación Primaria de Galicia.

Esta campaña desenvólvese en dúas fases, unha primeira levada a cabo o 21 de xaneiro no propio centro e unha segunda, a realizar o vindeiro 20 de febreiro, que consistirá nunha visita ao porto de Vigo e ao Museo do mar de Galicia rematando cunha degustación de produtos do mar nas instalacións do centro.

Nesta segunda sesión participará o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

 Na primeira sesión todo o alumnado do centro participou, de xeito lúdico, en actividades de achegamento ao coñecemento do mar e das especies que habitan nel, así como dos problemas que o perxudican, contaminación, pesca sen control...
     

Para rematar, ademais da gorra de mariñeiro, agasalláronnos cuns adhesivos e uns estupendos diplomas.

Agora só queda esperar ás aventuras que nos esperan o 20 de febreiro...

Máis imaxes no seguinte enlace á nosa GALERÍA DE FOTOS

CORREO ESCOLAR

Que ilusión recibir as cartas dos nosos compañeiros do CEIP Illas Cíes! Os rapaces de 3º, 4º e 5º carteámonos con eles e está a resultar unha experiencia moi agradable!
 
Hoxe en día, coas novas tecnoloxías usamos menos o correo ordinario pero, a realidade é que cando nós recibimos as cartas a ledicia apareceu repentinamente nas nosas miradas:  Que curiosidade sentimos! Que dirá? Como será a letra? Terá faltas?... Enchéusenos a imaxinación de preguntas ás que estabamos desexando dar resposta, porque ademais do que conta, a través dunha carta pódese percibir tanta información da persoa que a escribe...!
 
Por iso, aínda que o correo electrónico é inmediato, eficaz e necesario non debemos esquecer a sensibilidade e a ilusión que nos proporciona unha simple carta manuscrita.
Animádevos a  probar, ou a practicar máis, este tradicional método epistolar!!!
Distribuir contido