Curso 2014-15

Sacos aromáticos

 

O venres 14 de novembro participamos neste obradoiro ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Dun xeito moi ameno Paula, a monitora, achegounos ao coñecemento das plantas aromáticas que, como o seu nome indica, son aquelas que chaman a atención polo seu olor. Entre todos fomos analizando as súas utilidades e tamén aprendendo algunha que outra curiosidade. Por exemplo, sabiades que a menta crece nos lugares onde hai estrugas? Isto débese a que a menta alivia os picores que producen as estrugas.

Chegou o momento de experimentar os olores dalgunhas plantas frescas e tamén doutras secas.

Todos coincidimos en que a que mellor ulía era a herba luisa aínda que tamén o romeu deixaba nas mans un cheiriño estupendo.

Por último, con algunhas delas, elaboramos os nosos propios sacos aromáticos. Mirade como os fixemos:

 

  Que obradoiro máis interesante!

Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS

ENTRECULTURAS

     O día 20 de outubro o alumnado de 4º, 5º e 6º de relixión tivo unha charla na biblioteca, sobre a ONG ENTRECULTURAS, con dous voluntarios que este verán estiveron en Nicaragua: David Viso profesor no colexio Jesuitas de Vigo e Andrés monitor no centro Loyola.

    Falaron da súa experiencia nese país mostrando un vídeo de como outros nenos viven tendo menos ca nós e o felices que son. 

     Mostráronnos imaxes do colexio que é moi difente ao noso: teñen só un espazo con cadeiras para todos os nenos e nenas, non hai cursos, estudan todos xuntos coa mesma mestra; utilizan o mesmo libro para todos polo que está moi estragado; cando xogan ao fútbol descálzanse para non rachar os únicos zapatos que teñen. Non hai baños, nin auga corrente, nin electricidade, nin proxector, nin ordenadores, nin EDI. Comen "frijoles" e arroz no mesmo recuncho onde estudan...

   David cantounos unha canción acompañado da súa guitarra que a escoitamos moi caladiños polo fermosa que era: “Perfume a tus Pies”

    Cando terminou a charla quedamos moi satisfeitos polo moito que aprendemos dun país que ata este momento coñeciamos moi pouco. 

Educación Física en 3º

Esta semana, nas clases de Educación Física, o alumnado de 3º estivo traballando o equilibrio.

Aquí vos deixamos uns vídeos cunha demostración do seu equilibrio axudados cunhas cordas:

ADIANTE

ATRÁS

CUN PÉ

Distribuir contido