Contacontos

Os nenos e nenas de quinto estivemos encantad@s de facer de contacontos o pasado venres. 

Fixemos monicreques de pau, cancións, kahoots... actividades divertidísimas que deleitaron a tod@s @s cativ@s da EEI Tegriña.

Saída 3º ciclo 22-04-2024

O luns 22 de abril o 3º ciclo fixemos unha viaxe no tempo para coñecer o Vigo da reconquista. Para iso, retrocedimos ata o ano 1809, cando a cidade olívica vivía da pesca, o comercio, a agricultura e a industria da salgadura. 

Comezamos a nosa andaina no que antes era o Castelo de San Sebastián. Alí faláronnos das murallas da cidade é as 7 portas que tiña. A máis coñecida de todas é a porta da Gamboa, onde Cachamuiña converteuse no gran heroe da Reconquista de Vigo pelexando en contra das tropas francesas.

Neste paseo percorremos as antigas rúas cheas de historia e monumentos imperdibles como a Concatedral de Santa María (coñecida como A Colexiata) e a antiga casa do Concello de Vigo, onde rematamos a nosa visita.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, establécese o prazo para presentar as solicitudes de admisión do 1 ao 20 de MARZO.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes:

  • Recollendo o impreso ED550B no centro educativo.
  • Descargando o impreso ED550B da páxina web do centro.
  • Cubrindo a solicitude informaticamente na aplicación admisión alumnado (Solicitudes-admisión-crear), imprimíndoa, asinándoa e presentándoa no centro educativo.
  • Cubrindo a solicitude informaticamente na aplicación admisión alumnado (Solicitudes-admisión-crear), firmándoa e presentándoa a través da Sede Electrónica mediante a Chave365 ou certificado dixital.

 

 

EQUIPO DIRECTIVO CEP PLURILINGÜE SANTA TEGRA

 

Solicitude ED550B

Distribuir contido