AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, ASÍ COMO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023-24

 

O DOG do 19 de maio de 2023 publica a ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

 

  • Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
  • Axudas para a adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria e en Educación Especial.
  • Axudas para a adquisición do material escolar, destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e Educación Especial.
  • As solicitudes presentaranse  ata o 21 de xuño de 2023:
    • Preferentemente por VÍA ELECTRÓNICA nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática FONDOLIBROS. Os formularios cubertos poden entregarse de forma presencial na secretaría do centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
    • De forma presencial na SECRETARÍA DO CENTRO onde o alumnado curse estudos no vindeiro curso.
  • Farase unha única solicitude por familia e centro, incluíndo nela todos os fillos que estean escolarizados nel, agás no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación “Fondolibros” que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.
  • O horario de secretaría para este fin será de 9:00 a 9:50 e de 13:15 a 14:00.
  • O alumnado que vaia a realizar 1º da ESO deberá informarse no centro onde vaia a cursar estudos o vindeiro curso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para poder solicitar as axudas de libros e de material escolar, os tramos de renda (exercicio fiscal 2020) e as súas correspondentes axudas son as seguintes:

 

AXUDAS DE LIBROS (1º e 2º de primaria):

 

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: axuda de 240€.
  • Renda per cápita familiar desde 6.000€ ata 10.000€: axuda de 160€.

 

 

MATERIAL ESCOLAR (Todos os cursos):

 

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: axuda de 75 euros.
  • Renda per cápita familiar desde 6.000€ ata 10.000€: axuda de 60 euros.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (3º, 4º, 5º e 6º de primaria):

Pode solicitalo todo o alumnado destes cursos, con independencia da renda per cápita; os libros dispoñibles no centro repártense entre os admitidos por orde inversa á renda, ata que se esgoten. Teñen preferencia os menores tutelados pola Xunta e os que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todo caso recibirán:

  • 6 libros de texto, renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.
  • 4 libros de texto, renda per cápita familiar desde 6.000€ ata 10.000€.

Será REQUISITO FUNDAMENTAL para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS do fondo solidario do curso 2022-23.

 

BOLSAS NEAE 2023-2024

Segundo a resolución de 20/04/2023, convócanse axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

As axudan van destinadas a:

  • Alumnado con discapacidade (acreditada cun certificado igual ou superior ao 33%).
  • Alumnado con trastorno grave de conduta ou alumnado con trastorno grave de comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
  • Nos casos de TDAH ten que estar asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • Alumnado TEA que requira apoios ou atencións educativas específicas.
  • Alumnado con altas capacidades.

As familias cubrirán as solicitudes exclusivamente vía web a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación.

As familias presentarán a solicitude no centro educativo dende o 8 de maio ata o 20 de setembro inclusive.

Xornada de atletismo en pista no IFEVI

Onte o alumnado de quinto participou na xornada de atletismo en pista celebrada no IFEVI.

Distribuir contido