CORREO ESCOLAR

Que ilusión recibir as cartas dos nosos compañeiros do CEIP Illas Cíes! Os rapaces de 3º, 4º e 5º carteámonos con eles e está a resultar unha experiencia moi agradable!
 
Hoxe en día, coas novas tecnoloxías usamos menos o correo ordinario pero, a realidade é que cando nós recibimos as cartas a ledicia apareceu repentinamente nas nosas miradas:  Que curiosidade sentimos! Que dirá? Como será a letra? Terá faltas?... Enchéusenos a imaxinación de preguntas ás que estabamos desexando dar resposta, porque ademais do que conta, a través dunha carta pódese percibir tanta información da persoa que a escribe...!
 
Por iso, aínda que o correo electrónico é inmediato, eficaz e necesario non debemos esquecer a sensibilidade e a ilusión que nos proporciona unha simple carta manuscrita.
Animádevos a  probar, ou a practicar máis, este tradicional método epistolar!!!