O sabor da aventura está no MAR

 O noso centro está a participar no programa "O sabor da aventura está no mar", promovido pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar entre os escolares de Educación Primaria de Galicia.

Esta campaña desenvólvese en dúas fases, unha primeira levada a cabo o 21 de xaneiro no propio centro e unha segunda, a realizar o vindeiro 20 de febreiro, que consistirá nunha visita ao porto de Vigo e ao Museo do mar de Galicia rematando cunha degustación de produtos do mar nas instalacións do centro.

Nesta segunda sesión participará o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

 Na primeira sesión todo o alumnado do centro participou, de xeito lúdico, en actividades de achegamento ao coñecemento do mar e das especies que habitan nel, así como dos problemas que o perxudican, contaminación, pesca sen control...
     

Para rematar, ademais da gorra de mariñeiro, agasalláronnos cuns adhesivos e uns estupendos diplomas.

Agora só queda esperar ás aventuras que nos esperan o 20 de febreiro...

Máis imaxes no seguinte enlace á nosa GALERÍA DE FOTOS