Curso 2009-10

2º pinta con GOYA

Título Arte na escola

 Ola outra vez amiguiñ@s!!
Os rapaces e rapazas de 2º amosámosvos as nosas “obras de arte”. Fixémolas con motivo da chegada do outono.  E todo aconteceu así:

1º.- Observamos unha lámina dun cadro chamado “La vendimia o El otoño” que está en Madrid no “Museo del Prado”.

Pintouno alá polos anos 1786 e 1787 un pintor español moi importante que se chamaba Francisco de Goya y Lucientes (1746-1828).

2º.- Comentamos todo o que vimos na obra: Un cabaleiro dándolle un acio de uvas a unha dama, un neno de costas que levanta os brazos porque tamén as quere coller,unha vendimadora cun cesto cheo na cabeza, outros vendimadores traballando, unha montaña, o ceo con nubes,…

3º.- Fixámonos no colorido luminoso e sosegado, parece que nos dea paz ao contemplar o cadro.


4º.- Tratamos de copialo poñéndolle o noso “toque” persoal.

 Debuxos do alumnado de 2º curso 2009-10

Desexamos que vos gusten as nosa obras de arte.
ADEUS!!!..

VISITA ÁS SALINAS ROMANAS DO AREAL DE VIGO

Dous mil anos

 Entrada  

O pasado xoves, 15 de outubro, o alumnado de 3ºciclo fixemos unha saída didáctica para coñecer unha pequena parte da nosa historia: AS SALINAS ROMANAS DE VIGO (na rúa Rosalía de Castro).

A exposición está moi ben feita e, de forma moi didáctica, acércanos a séculos pasados.

A mágoa é que só recolle unha pequena parte do que foron estas salinas, xa que as obras encargáronse de destruílas.

 

Fotos

É moi bo que haxa estes Centros Arqueolóxicos para que poidamos saber o que facían os nosos antepasados.

UNHA CURIOSIDADE:

Sabedes de onde procede a palabra salario? Pois resulta que na época dos romanos era tan apreciado o sal que moitos traballos se pagaban con el e por iso se lle chama SALARIO.

 

COÑECEMOS O NOSO CORPO

Título

 Ola a todos e a todas!!:

Un novo curso comeza e nós xa estamos en 2º.

Hai que ver como se complican os temas!!

Debuxos esqueleto alumnado 2º 

O que estamos a estudar agora é o corpo humano: o esqueleto e a musculatura, que..., por certo, vaia nomes tan raros!

Aquí vos amosamos uns debuxos para que vexades o que aprendemos e tamén para que repasedes algúns nomes esquecidos.

Distribuir contido