Curso 2009-10

PINTURA e TEATRO

Título actividade

                       O día 23 de novembro os de 1º ciclo fomos cos de Paraixal ao teatro.

Para aproveitar a viaxe as nosas mestras decidiron levarnos á Fundación Caixanova.

Alí amosáronnos e explicáronnos tres cadros e unha escultura:
Un de Carlos Sobrino que trataba sobre a vida en Galicia fai uns 80 anos; era alegre e luminoso.
Outro de Castelao, bastante triste pois era dun emigrante que tiña que marchar a traballar fóra, as cores eran apagadas e escuras.
Un terceiro de R. Bóveda, un cadro abstracto, cheo de colorido e con moitas liñas e formas que nos recordaban a instrumentos musicais, de feito o pintor é violinista.

Por último, vimos unha escultura moi curiosa, eran bólas de billar de porcelana e representaban a alegría, por iso estaban cheas de cores brillantes.

Despois desta clase cultural fomos ao teatro a disfrutar da obra, “Historias de un árbol milenario”. Unha árbore fantástica, a través de contos, historias e fábulas, trataba de facernos entender a importancia do bosque, dos animais e, sobre todo, o respecto a Natureza e a vida.

Pasámolo estupendamente e aquí vós deixamos uns debuxos do que máis nos gustou.

Debuxos alumnado 2º 

A d e u s s s s ! ! ! !    

1º XOGA NO MAGOSTO

 
Título

 O alumnado de 1º pasouno estupendamente na que foi a súa primeira Xornada de Xogos Populares no colexio.

Así o expresaron cos seus debuxos:

Debuxos do alumnado de 1º

SAMAÍN

 
Happy HALLOWEEN

O alumnado de 6º curso, celebramos o Samaín coa profesora de inglés.

Durante unha semana estivemos decorando as clases (bruxas, pantasmas, cabazas, arañas, esqueletes ...), trouxemos o esquelete do colexio e vestímolo para a ocasión.

Xunto coa profesora disfrazámonos de vampiros, zombis, bruxas ..., logo dixémoslle ao alumnado dos distintos cursos que foran buscar unha clase encantada. O chegaren á clase de inglés, levaban un gran susto, porque estabamos escondidos coa luz apagada e persianas pechadas.

Despois de decir a palabra máxica, agasallámolos con caramelos. Finalmente fixemos fotos para recordar este momento divertido e de medo.

Gif coas fotos da actividade 

 

 Decorado da porta  Debuxos das cabazas  Debuxos das momias

 

 

Distribuir contido