Curso 2009-10

Visitamos A CORUÑA

 
Titulo 

 O día 13 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º, xunto coas mestras Ánxela, Esther e Conchi fomos A Coruña de excursión.
Visitamos: o  Acuario, a Casa das ciencias e o Museo do home.

No Acuario vimos unhas quenllas chamadas Gastón e Hermosa e tamén os seus ovos. Había todo tipo de peixes e tamén estrelas e cabaliños de mar...
Pasámolo moi ben.

 Mosaico fotos no acuario
 Mosaico fotos no Museo do home

No museo do home había distintas máquinas relacionadas cos olores e sabores.
Tamén vimos outras que medían: as pulsacións do corazón, a lonxitude do fémur, a forza e a velocidade dun lanzamento...
Chamounos a atención a proxección dun vídeo do parto dunha muller e gustounos moito unha peli que nos puxeron en 3D.
.

 

 

 

 

Que ven o pasamos na Casa das ciencias!
Estivemos xogando a moitísimas cousas: fixemos burbullas, vímonos reflectidos nunha fonte de calor, lanzamos unha pelota ao aire, dimos velocidade a auga en movemento dentro dun recipiente pechado...

E como remate tivemos unha sesión de cine no planetario facendo unha viaxe imaxinaria por distintos planetas.

 

 Mosaico fotos Casa das ciencias

 CANTO APRENDEMOS NESTA SAÍDA!!!

Pulsa AQUÍ para acceder á galería de fotos

Entrega de premios

Título

Estamos de NORABOA.

O belén realizado polo alumnado de 4º e dirixido pola profe Esther gañou o 1º premio no concurso de beléns organizado polo Mercado de Teis.

É a primeira vez que no mercado se organiza este concurso e, segundo manifestaron os seus representantes, a experiencia resultou positiva polo que poderían repetila outros anos e mesmo ampliala a outras celebracións.

Gif fotos entrega de premios

Naturnova

 
Titulo

O mércores día 2 de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º, fomos a Naturnova, ao centro de Educación Ambiental. Visitamos tres salas.

Mosaico fotos visita Naturnova 

 Na primeira dedicada ao Universo coñecemos de forma lúdica, dinámica e interactiva (a través de xogos de ordenador, puzzles,...), os planetas do sistema solar…
Fixemos un simulacro dunha viaxe nun submarino, dando un paseo polo fondo da ría de Vigo. Nel coñecemos algunhas das nosas especies mariñas.
A segunda sala, mostrábanos o noso planeta, a importancia que ten o ciclo da vida (o aire, a auga, o chan, os seres que o habitan…).

Por último na terceira sala, O Home e o seu medio, observamos como empregar os recursos e como adoptar condutas responsables para evitar o seu deterioro.

Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ

Distribuir contido