Educación Vial no Castro

 

 

O pasado 29 de abril o alumnado de 6º curso fixemos unha visita ao circuito do Castro en Vigo. Alí nos esperaban unha parella de policías, Pilar e Roberto, que se encargaron de explicarnos as normas de circulación e cal é o comportamento que se debe seguir cando saímos á rúa coa bicicleta.

 
   

Repartironnos en dous grupos, xa que a actividade consta de dúas partes. Cubrir un test de 18 preguntas sobre normas de circulación e un percorrido de media hora por un circuito con semáforos e sinais de tráfico, para levar á práctica o aprendido coas explicacións.

 

 

 

 

 

Foi unha actividade moi divertida, ademáis para os que non sabían andar en bicicleta tiñen un kart con pedais para que ninguén se quede sen aprender.