AFUNDACIÓN

 

O pasado martes, 17 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º visitou a Fundación Caixanova para participar no obradoiro “Historias dun pincel que non sabía pintar”. 

Neste obradoiro contáronnos a historia dun pincel que non sabía pintar, mentres nos ían mostrando diferentes obras pictóricas realizadas con diferentes técnicas (rodillo, brocha grosa e pincel fino). Descubrimos obras de Picasso, Miró, Kandinski e despois o noso alumnado plasmou nunha folla (con cores e gomets) a súa visión da obra de Wassily Kandinski. Foi unha experiencia creativa e diferente.

 

 

Baixo o título "Detectives para unha colección de arte", o alumnado de 4º, 5º e 6º tivemos unha clase de arte moi especial na sede Afundación na que a colección ABANCA na súa exposición "Tradición, cambio e innovación" reúne obras de artistas ben recoñecidos do século XX galegos, cataláns, canarios... e tamén estranxeiros.

Distribuídos en grupiños de catro, participamos nunha actividade na que tiñamos que descubrir certas obras de arte segundo unhas breves preguntas cuxas respostas nos levarían ata as obras en cuestión. Así identificamos "Blanquecino" de Kandiski, "As rosas sangrantes" de Dalí, "Retrato de muller" de Maside, "A Feira" de Colmeiro... 

 

 

Rematamos a visita cun obradoiro no que creamos os nosos propios bodegóns de froitas cadradas; curiosa, divertida e orixinal maneira de ver laranxas ou mazás!!!

MÁIS FOTOGRAFÍAS:   "Detectives pra unha obra de arte"    "Historia dun pincel que non sabía pintar"