NA PROCURA DOS NOSOS ANTERGOS

 

 

Da man de Eva F. Deza, en colaboración coa ANPA

e co profesorado do centro, o alumnado de 4º, 5º e 6º

levamos a cabo esta interesantísima actividade coa

que descubrimos as mámoas e a súa historia.

 A actividade comezou cun obradoiro no xardín do centro.

Eva explicounos o que eran as mámoas, como e para que se facían e sobre todo indicounos

os pasos para que cada curso puideramos construír a nosa propia mámoa.

Estes foron os resultados. Quedáronnos xenial.

 Para continuar "Na procura dos nosos antergos", Eva guiounos nun roteiro polo Vixiador e pola Madroa

no que, coa colaboración da CCMM de Teis e as explicacións da arqueóloga Elisa Pereira, descubrimos

restos de mámoas de fai 6000 anos, achegándonos máis ao seu coñecemento.

Tamén foi moi interesante a ruta botánica tanto polo Vixiador como pola Madroa. Buscamos datos de animais e

plantas, observamos especies autóctonas e aprendemos a diferenza entre un bosque natural e un bosque forestal.

   

Para rematar esta saída e despois de repoñer forzas, Alfonso da Comunidade de Montes de Teis ensinounos

unha chea de cousas que foron recollendo polo monte: panais de abellas, cranios de diversos animais, niños de

paxaros, camisas de serpe... Boa sorpresa levamos cando nos permitiu subir no tractor!!!

Agradecemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade así como á Comunidade de Montes de Teis

e a arqueóloga Elisa Pereira, pero sobre todo… moitísimas grazas a EVA FERNÁNDEZ DEZA

por compartir connosco, unha vez máis, os seus coñecementos.