VISITA A CORUÑA

 No mes de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º tivemos a oportunidad de facer unha das saídas que máis nos gustan: visitar os museos cientìficos de Coruña. A pesar de ser lonxe e facerse moi longa a viaxe disfrutamos moito ao mesmo tempo que aprendiamos.

 A primeira parada foi no planetario da CASA DAS CIENCIAS. Alí puidemos ver por onde sae e se pon o sol, as estrelas, a lúa... Tamén vimos unha película onde aprendemos o nome de moitas constelacións.

Logo fomos recorrendo os distintos pisos da Casa das Ciencias onde puidemos disfrutar dun montón de experimentos físicos cos que o pasamos xenial ao mesmo tempo que aprendiamos.

Na planta baixa puidemos ver o xigantesco PÉNDULO DE FOUCAULT e unha incubadora onde estaban nacendo algúns pitiños de galiña. 

 A segunda parada foi na CASA DO HOME, tamén chamada DOMUS. 

Alí o primeiro que fixemos foi comer a comida que levabamos nun comedor con vistas á praia e ao estadio de Riazor.

Ao rematar a comida tocou seguir disfrutando, esta vez con información e experimentos sobre o ser humano.

Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi un vídeo onde se veía como nace un bebé.

A terceira e última parada foi a CASA DOS PEIXES, tamén coñecido como ACUARIO FINISTERRAE.

Aquí puidemos ver nas súas salas distintos peixes, medusas, polbos, centolas...

Tamén puidemos ver as focas que teñen na parte de fóra (aínda que non poidemos ver como lles daban de comer). Pero o que máis nos chamou a atención foi a sala NAUTILUS, que semella como se estivesemos nun submarino, rodeados de mar por todos os lados. E o máis impresionante é ver a GASTÓN, un tiburón toro que se pasea pacificamente rodeado de moitísimos peixes máis pequenos que el.